Foz, 12 de febreiro de 2024. A comisión organizadora do Entroido de Foz pide ao PP local que non politice esta festa.
“É vergoñento querer sacar tallada dunha festa que é dun pobo, non diferenciar o que debe ser político do que non, só por ter un minuto de gloria. Se quere deixámoslle un micrófono no seguinte evento”, manifesta a concelleira de Cultura de Foz, Inés López Couto, en resposta ás críticas dos populares.
A comisión organizadora lamenta a situación que se produciu o sábado pasado, no momento da finalización da entrega de premios, “no que houbo un momento de estrés nos accesos. Rapidamente persoal da organización, entre eles o concelleiro de Festas e o alcalde axudaron nas decisións necesarias para despexar o acceso. Lamentamos este incidente. Pedimos perdón a quen se sentira pouco seguro. O Entroido de Foz ten un traballo moi fondo detrás. Conta con plan de autoprotección, organízanse xuntas de seguridade con todos os corpos, Garda Civil, bombeiros, Protección civil, Policía Local, redactores do plan de seguridade e a mesma comisión formada polo Concello e o Noso Foz, ademais de contar con seguridade privada e cunha ambulancia con dous técnicos na porta para calquera problema. Hai moita xente implicada para que todo saia o mellor posible, e cada ano se melloran cousas. Obviamente estudiarase o ocorrido e tomaranse as medidas oportunas para que non volva pasar”, explica a concelleira de Cultura.
Inés López engade: “non vamos a entrar a falar sobre speakers porque o Partido Popular continúa faltando ao respecto e non é novo. Os técnicos de Cultura fan o seu traballo, que nunca é coller un micrófono. Quizais aprenderon no mitin de Rueda en Viveiro (realizado o sábado 10, o mesmo do día grande do Entroido de Foz) moito sobre medidas de seguridade, pero no noso caso confiamos en profesionais e agora tomaranse as medidas oportunas para que non volva a suceder. Deséxamos que non alimenten bulos. Que sexan responsables co seu pobo e co traballo que se realiza para que cada día funcione mellor. E non intentar prexudicalo utilizando calquera cousa para iso. Cremos que Foz e o seu Entroido merece un respecto. Seguiremos traballando para que Foz continúe sendo un referente no Entroido, o que se demostra cando nin chovendo e facendo frío para. Cun desfile con record de participantes e cunha asistencia de público fiel que se quedou ata o remate. A tod@s grazas!”.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



