A proposta galega afecta ao abadexo, o linguado, o merlán, a maruca, e a solla nos caladoiros do Gran Sol, Cantábrico, Noroeste, Francia e Escocia, pola falta de información científica que avale a necesidade de limitar o esforzo pesqueiro
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024. A Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica presentou ante a Secretaría Xeral de Pesca (SXP) do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación un escrito no que demanda ao Goberno central a eliminación dos totais admisibles de capturas (TAC) sobre especies accesorias dado que non existen informes científicos concluíntes sobre o estado real destes recursos pesqueiros en varios caladoiros comunitarios. Unha medida, en todo caso, que supedita á adopción de medidas técnicas de xestión sobre estas especies.
O documento menciona especificamente a situación do abadexo -en augas do Gran Sol, Cantábrico, Noroeste, e augas de Escocia-, o linguado e o merlán -nas augas do Cantábrico, Noroeste e Francia-, a maruca – en augas internacionais-, e a solla -en augas do Cantábrico, Noroeste e Portugal. O Goberno galego esgrime varios argumentos nos que sustentar a petición, como que se trata de especies sometidas a un esforzo pesqueiro non dirixido, salvo casos específicos de pouca entidade, e centrados nun menor número de buques de artes menores da flota costeira artesanal.
Nesta liña destaca a existencia de precedentes na eliminación de TAC sobre a limanda e a platixa europea no Mar do Norte en base a ditamines científicos que indican un risco baixo ou a ausencia de risco de explotación insostible e sinala esta medida como a mellor opción ante a súa posible conversión en especies de estrangulamento. Por outra banda subliña que, aínda que se trata de TAC establecidos de xeito preventivo e propoñendo en varias ocasións recortes xenéricos do 20% aplicando o principio de precaución, son cotas estables no período 2010-2023, manténdose en moitos casos invariables nas súas cifras durante máis de cinco anos.
Redución do esforzo pesqueiro
A dirección xeral aporta máis datos nos que cimentar a petición relativos á considerable redución do esforzo pesqueiro de impacto directo sobre estas especies xa que o principal desembarque procede da frota de palangreiros de fondo e redes de enmalle que se viu reducida nos últimos anos no Gran Sol e no caladoiro do Cantábrico e Noroeste. A isto suma a escasa consideración do volume de desembarques cunha media de 701 toneladas anuais respecto ás cantidades desembarcadas de media en pesqueiras que capturan estas especies. Unha cantidade de escasa entidade que representa en torno ao 0,42% do total da pesca galega desembarcada polas frotas que exercen esforzo pesqueiro sobre elas.
Escaseza de datos
A Administración galega denuncia unha aplicación excesiva do principio de precaución dun xeito lineal e con escaseza de datos á vez que lamenta que a Comisión Europea non manteña un equilibrio con outros aspectos relevantes como o ambiental, o social e o económico, poñendo un foco en exclusiva no apartado relativo ao recurso. Neste punto sinala que a propia Política Pesqueira Común dispón, “os efectos das actividades pesqueiras, incluídos os descartes sobre as especies que non son obxecto de pesca, especies asociadas ou dependentes, así como as condicións ambientais, sociais e económicas”, en liña coas recomendacións da FAO (Organización de Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura).
No escrito expón que a proposta de TAC realizada polo ICES (Consello Internacional para a Exploración do Mar) é establecida en base a cuestións moi diversas sen que exista unha base sólida para a súa determinación polo que, ante a debilidade de datos, demanda un proceso para completar os análises existentes en aras dun mellor coñecemento do estado dos recursos e dunha mellor adecuación dos TAC ou incluso a súa eliminación ante o escaso nivel de risco de conservación existente.




















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



