Na sesión de hoxe tamén lle avanzou aos membros deste órgano a previsión de actividades, programas e colaboracións, así como a presenza en feiras turísticas nas que participará e impulsará o organismo provincial ao longo deste ano
Lugo, 23 de febreiro de 2023. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, presidiu este venres a primeira reunión do ano do Consello Provincial de Turismo, o órgano participativo e consultivo da Deputación de Lugo nesta materia. Rivera puxo o foco na importancia dos patrocinios turísticos, cos que a institución provincial “consegue un retorno económico de 100 euros por cada euro invertido, un dato moi significativo que evidencia que traballamos dun xeito eficaz e eficiente para lograr que a nosa provincia medre e mellore como destino turístico”.
Nas súas palabras, explicou que ao longo deste ano a Deputación continuará co patrocinio de eventos deportivos ou culturais, películas ou iniciativas que dan unha gran proxección ao territorio lucense. Rivera Capón salientou a idoneidade de apostar por este tipo de medidas dada a súa importancia e repercusión, e puxo varios exemplos, como o patrocinio de La Vuelta 2024, para o que a institución provincial destina 40.000€, que “terá un retorno enorme para a provincia en termos económicos e de promoción a nivel nacional e internacional, tanto a curto como a medio prazo”.
Así mesmo, o Deputado avanzou ante os membros do Consello as principais liñas de traballo, accións e programas que se desenvolverán neste 2024 en materia turística, dando continuidade á aposta por un turismo sostible, de calidade e baseado na propia experiencia da persoa que descubre a provincia a través das diferentes actividades. Daralle continuidade a programas como o Coñece a túa provincia, a celebración do Día da Transrománica, as rutas fluviais pola Ribeira Sacra ou os premios á excelencia turística e gastronómica da provincia.
Neste ano, subliñou, a participación da entidade provincial en feiras como FITUR, Xantar, Termatalia ou Produart. Así mesmo, manterá a estreita colaboración que mantén co tecido asociativo e cos concellos da provincia para facilitar a súa actividade diaria, accións concretas ou novas dotacións que camiñan cara un turismo máis atractivo, sostible e desestacionalizado.
Rivera Capón tamén avanzou a continuidade das liñas do Plan Deputación que inclúen accións e actividades en materia turística, e que no pasado ano ascendeu a preto de 150.000€ destinados a impulsar a promoción de recursos turísticos, feiras e festas, ou campañas de promoción.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



