Ribadeo, 1 de marzo de 2024. Alumnado de 4º de ESO do Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, organiza un sorteo de premios co obxectivo de recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso a Londres. Trátase de diversas ceas en diferentes establecementos de hostalería da vila ribadense. Acisa colabora un ano máis difundindo a iniciativa e acollendo a celebración do sorteo.
Nais e pais do alumnado de 4º de ESO explican que “para recaudar fondos l@s alumn@s del colegio Sagrado Corazón, de Ribadeo, editaron unas cartulinas a modo de polinomios para proceder al sorteo de varias cenas en diferentes establecimientos de hostelería de la localidad. Es un Saborea Ribadeo a través de su oferta gastronómica. Por solo 2 euros cada persona que cubra una casilla puede optar a una de estas experiencias culinarias que nos ofrece la hostelería de nuestra villa”.
E engaden que “el sorteo tendrá lugar en las oficinas de Acisa el 11 de abril a las 18 horas. Los bonos se podrán recoger en la oficina de Allianz Seguros, situada en la calle San Roque, 43-bajo, en horario de mañana de lunes a viernes a partir de la fecha del sorteo, presentando la acreditación correspondiente. Agradecemos enormemente la colaboración de Acisa y del Concello de Ribadeo”.
Acisa colabora co alumnado do colexio acollendo a celebración do sorteo, que será non presencial e a puerta pechada: “se hará mediante un generador de número aleatorios”, explican desde la directiva de la asociación ribadense, que difunde esta campaña a través de sus redes sociales y de los medios de comunicación “debido a que muchos establecimientos colaboradores con el colegio Sagrado Corazón son asociados de Acisa Ribadeo”.
Na presentación desta iniciativa, que tivo lugar esta mañá no colexio Sagrado Corazón, participaron o alumnado de 4º de ESO, dúas das súas profesoras así como a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



