Nun partido espectacular, as aínda invictas Supercampioas lévanse o clásico na casa cunha remontada histórica
Burela, 3 de marzo, 2024. Ás 13.00h desta mañá, no pavillón municipal Vista Alegre de Burela, disputábase o clásico dos clásicos, a 22ª xornada de Primeira División Iberdrola, Pescados Rubén Burela FS, cun resultado final 6-3. Nun espectacular clásico no que o Burela comeza a remolque do gran rival, remontando na segunda parte e poñéndose 3 goles por diante dun Futsi sometido por un equipo sedento pola vitoria na casa. Unha exhibición de fútbol sala, retransmitida por Teledeporte é o que viviron esta mañá ao rededor de 900 afeccionados mariñáns, entre os que se atopaban a seleccionadora nacional, Claudia Pons; o presidente do Comité Galego de Fútbol Sala e responsable do fútbol sala feminino da RFEF, Pablo Prieto; o conselleiro do mar, Alfonso Villares; a alcaldesa de Burela, Carmela López e o tenente de alcaldesa, Mario Pillado.
Na primeira parte o Futsi abre o marcador xa no minuto 2 de xogo, cun gol de María Moreno que define soa ante Caridad. Continúa o xogo con moitísima tensión e ritmo e xa no minuto 9 chega a quinta falta do Burela. Con moitas ocasións pero pouco tino sucédense os intentos do conxunto local polo empate, no minuto 12 dous paus consecutivos, o primeiro de Dany e o segundo de Antía ao rexeite do primeiro. No mesmo minuto chegan a quinta e sexta falta do Atlético Navalcarnero, cun lanzamento directo que unha porteira cun gran papel no día de hoxe, a pouco habitual Bea Porrón, sácaa a córner. E no minuto 15 chega a sexta falta do Pescados Rubén, falta que lanza Irene Córdoba meténdoa entre os paus defendidos por Ana Eliza nesta ocasión extraordinaria. Pero un equipo que non sabe o que é a rendición, continúa buscando ese primeiro tanto, que chega no minuto 16 e é un dos 4 goles desta xornada dunha estelar Emilly nun pase de Irene tras un tiro ao traveseiro de Dany. Cando parecía que chegaba o descanso a un gol de igualar a situación, chega o terceiro das madrileñas, un golazo de Irene Córdoba que dispara a porta practicamente desde Navalcarnero.
No segundo tempo sae a pista Ana Eliza que xa se loce coa súa primeira intervención, no primeiro minuto, desviando un tiro directo de falta. A dous goles do empate, no minuto 29 as Invencibles Laranxas comezan a remontada con dous goles consecutivos que solucionan a situación de desvantaxe, ligeralmente, nun minuto. O primeiro de Dany a pase de Emilly e o segundo un golazo de Emilly tras un saque de córner. No minuto 30 chega o 4-3 co terceiro tanto de Emilly nunha xogada individual tras unha boa parede en media cancha. Continúa a presión do Pescados Rubén ante un Futsi desinflado dende o impoñente empate do rival. No minuto 35, o novo adestrador do equipo madrileño, Sergio Bretón, recorre ao xogo de 5 con Irene Córdoba como porteira-xogadora, pero dous minutos despois chega o cuarto de Emilly que chega co balón nos pés a portería baleira. No minuto 38 prodúcese de novo a sexta falta do Burela que precede un espectacular paradón de Ana Eliza que saca a córner o disparo directo. Cun rival que tampouco quere renderse, continúa a presión do Futsi, pero no minuto 40, a menos de 10 segundos do final, Cilene métea cun tiro longo a portería baleira.
Felices tras un partidazo e levándose os 3 puntos do clásico na casa, as guerreiras enfrontaranse o sábado que vén ante outro duro rival, o Torreblanca Melilla, segundo clasificado sobre o Futsi co que compite por ese segundo posto e que nesta xornada supuxo un respiro para o conxunto Melillense que quererá manter neste próximo partido que se disputará no outro continente.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 6-3 Futsi Atlético Navalcarnero
Pescados Rubén Burela FS (6): Caridad; Dany (C), Cami, Rafinha, Patricia, – cinco inicial-, Cilene, Antía Pérez, Cris Blanco, Aroa, Irene Samper, Emilly, Ana Eliza (P). Entrenador: Julio Delgado
Futsi Atlético Navalcarnero (3): Bea Parrón; María Moreno, Leti (C), María Sanz, Laura Córdoba -cinco inicial-, Rapha Martins, Becha, Irene Córdoba, Ju Delgado, Luchi, Marta Balbuena. Entrenador: Sergio Bretón.
Goles: 0-1, min.2: María Moreno. 0-2, min.15: Irene Córdoba. 1-2, min.16: Emilly. 1-3, min.20: Irene Córdoba. 2-3, min.29: Dany. 3-3, min.29: Emilly. 4-3, min.30: Emilly. 5-3, min.37: Emilly. 6-3, min.40: Cilene.
Árbitros: Jorge Otero Mira, Héctor Vilas López, Iván Feliz Otero, Germán Fernández Dacosta.
TA: Antía Pérez, Cami, Julio Delgado, Ju Delgado, Fabiana Ribeiro, María Moreno, Laura Córdoba.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



