O conselleiro do Mar sinalou que o Goberno galego subvencionou con máis de 500.000 euros a adquisición de unha carretilla elevadora, dúas semicabinadas e dous transpalets eléctricos e a instalación dunha nova fábrica de xeo na lonxa sonense
Porto do Son (A Coruña), 4 de marzo do 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a aposta da Xunta na mellora dos equipamentos nos portos pesqueiros galegos co obxectivo de facer máis competitivo ao sector á vez que se mellora as condicións de traballo dos profesionais do mar. Así o manifestou, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e polo patrón maior sonense, Emilio Queiruga, na visita á lonxa do municipio onde coñeceu de primeira man ás inversións realizas nesta instalación ao abeiro do programa de Equipamentos nos Portos Pesqueiros de Galicia 206-2023.
O responsable autonómico detallou que grazas a esta iniciativa, cofinanciada polo FEMP, investíronse ao redor de 410.000 euros na instalación dunha nova fábrica de xeo na rula da localidade que permite garantir a conservación das propiedades e condicións hixiénico-sanitarias, e da calidade das capturas e permitindo incrementar o control da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros desembarcados neste porto coruñés. A esta actuación engadiu a adquisición dunha carretilla elevadora eléctrica, unha transpaleta, dúas carretillas elevadoras semicabinadas e dous transpalets galvanizados, cun desembolso de case 97.000 euros.
Alfonso Villares sinalou que en total foron máis de 500.000 euros os destinados a estas melloras e puxo en valor o traballo realizado nos últimos anos neste ámbito na rede de portos autonómicos co obxectivo de afondar na modernización das infraestruturas porturarias mellorando a súa dotación de equipos e de servizos procurando á vez acadar unha maior eficiencia enerxética e a protección ao medio ambiente. O titular de Mar remarcou que as actuación realizadas dentro de este programa foron realizadas en colaboración co sector o que permitiu atender dun xeito máis eficaz a súas necesidades en liña co modelo de xestión de cogobernanza que se promulga desde a administración autonómica.
Por outra banda a visita tamén serviu para abordar cos representantes da confraría as novas necesidades dos profesionais da zona. O patrón maior, Emilio Queiruga, agradeceu a colaboración da administración autonómica co pósito sen a cal non sería posible a execución destas melloras á vez que adiantou que xa están traballando en futuras actuacións dirixidas a melloras da lonxa e a eficiencia enerxética.
Tempo perdido
O conselleiro reclamou ao Goberno central un resposta á solicitude do Goberno galego para declarar zona catastrófica as rías galegas afectadas polas fortes precipitacións do pasado outono que derivou nunha alta taxa de mortaldade nas poboacións de bivalvos provocada pola baixa salinidade das augas. O responsable autonómico recordou que o sector apoiou esta medida pola que leva agardando dous meses e medio, un tempo que considerou perdido e culpou ao Executivo estatal de falta de sensibilidade cos mariscadores que, doutro xeito, terían accedido a máis axudas extraordinarias para compensar as perdas económicas a semellanza do acontecido con outras comunidades en situacións análogas.
Nesta liña, Alfonso Villares sinalou que a compatibilidade das prestacións por cese de actividade coas labores de limpeza e resementado dos bancos marisqueiros non foi un “agasallo” do Goberno estatal senón que é o resultado da constancia e do traballo duro dos representantes do sector. Para o titular de Mar a Administración central, se por algo destaca, é por non responder ás demandas da cadea mar-industria negándose a rebaixar o IVE aos produtos pesqueiros, propoñendo un mini Perte de 50 millóns de euros fronte os 1.000 millóns do Perte Agroalimentario ou os 400 millóns solicitados polo sector ao que sumou a nula defensa dos intereses da frota galega nas institucións comunitarias.
Defensa da pesca
O responsable autonómico, en referencia ás restricións á pesca de especies como a sardiña que afecta a parte da frota local, defendeu a necesidade de dar a batalla nas institucións comunitarias para ampliar as capacidades pesqueiras da frota galega, “a máis responsable co medio ambiente do mundo” destacou, e lamentou a falta de apoio por parte do Estado nesa defensa dun sector estratéxico. “Non ten sentido limitar as opcións pesqueiras da nosa frota aducindo motivos medio ambientais cando a maior parte do peixe que consumimos ven de fóra da Unión Europea de países con estándares de protección dos ecosistemas mariños máis baixos” reflexionou polo chamou a recapacitar e defender a soberanía alimentaria europea na que o sector pesqueiro xoga un papel crucial.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



