Xove, 13 de marzo, 2024. A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha a comezos de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de caretas de Entroido. Coma en anos anteriores, o concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios consistentes en material escolar.
Hoxe pola mañá, nas dependencias do Colexio Pedro Caselles, o alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de cultura, Dolores Meitín, fixeron entrega dos premios do Concurso aos gañadores nas distintas categorías.
Premiados/as nesta edición 2024
Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º Premio: Xare González Celaya.
2º Premio: María García Val.
3º Premio: Zoe Sierra Escobar.
Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º Premio: Anaïs Romero Suárez.
2º Premio: María Moreira Rego.
3º Premio: Celia Maseda Peña.
Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º Premio: Jesús López Franco.
2º Premio: David Burgos Peloche.
3º Premio: Gabriel Miramontes Atanes.
Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º Premio: Óscar Bértolo Casabella.
2º Premio: Blanca Casariego Mariño.
3º Premio: Álvaro García Casabella.
Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º Premio: Carla Casabella Puñal.
2º Premio: Marcos Mariño Ferrería.
3º Premio: Paula Sánchez Pernas.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



