Ribadeo, 18 de marzo de 2024. A firma Vitaldent e a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo acaban de firmar un novo convenio de colaboración que ofrece condicións vantaxosas aos socios e socias do colectivo empresarial así como aos empregados e familiares para o coidado da súa saúde bucodental.
Segundo indica o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, “vimos de renovar o convenio de colaboración coa empresa asociada Vitaldent (Rexistro sanitario C-27-001013), que ofrece aos asociados e asociadas do noso colectivo empresarial condicións vantaxosas para o coidado da saúde bucodental. O novo convenio, vixente ata o 31 de decembro de 2024, ofrece unha primeira consulta gratuíta, incluída ortopantomografía de diagnóstico a todas as persoas pertencentes o colectivo empresarial e aos seus familiares directos, un desconto dun 15% en todos os tratamentos de implantoloxía e ortodoncia realizados nesta clínica, así como o asesoramento necesario para poder obter o financiamento ata doce meses sen intereses e ata un prazo de 5 anos”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “parécenos moi importante remarcar se poderán beneficiar deste acordo todas as persoas pertencentes a Acisa Ribadeo, empresarios e empregados, así como os seus familiares directos, que ademais poderán darse de alta gratuitamente en Mi Vitaldet acudindo á clínica e desfrutar das prestacións gratuítas asociadas o programa. Todas estas vantaxes están suxeitas ás condicións detalladas no convenio firmado no dia de hoxe, que se pode consultar con maior detalle na clínica ou na nosa web www.acisaribadeo.es Estas ofertas solo poden ser aplicadas na clínica Vitaldent Ribadeo. Indicar tamén que para beneficiarse destas vantaxes o paciente terá que mostrar un certificado emitido por Acisa que o acredite como empregado dun local asociado ou familiar dun empregado”.
Pérez Prada engadiu: “desde Acisa Ribadeo seguimos traballando en acordos que redunden no beneficio das nosas asociadas e asociados, mediante condicións vantaxosas, aforrándolles custes, como neste caso, na saúde bucodental. Sen dubida, esta é unha forma mais de dicirlle ás empresas ribadenses, que ser membro de Acisa ten moitas vantaxes coma esta”.
Para Carmen Cruzado “nos tempos que nos toca vivir formar parte dun colectivo como Acisa, que cumpre 35 anos, é moi importante. A unión fai a forza para conseguir máis convenios e acordos con empresas privadas, para lograr axudas das institucións públicas e así poder organizar campañas que sexan positivas para os sectores aos que representamos, o que redundará na dinamización da economía local”.
Asinaron o convenio a directora de Vitaldent Ribadeo, Carmen Basante Martelo, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado Iglesias.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



