O proxecto de creación dunha aplicación turística para o municipio de Barreiros busca ofrecer unha ferramenta integral e accesible que mellore a experiencia turística, promova a participación da veciñanza e contribúa ao desenvolvemento económico e ao turismo sostible na zona
Barreiros, 18 de marzo de 2024. A área de Turismo do Concello de Barreiros contará coa súa propia aplicación grazas á concesión da subvención destinada aos concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, transición dixital, liña 2: transición dos recursos con potencial turístico no litoral.
A alcladesa e responsable de turismo, Ana Ermida, explicou que “este proxecto ten como obxectivo principal destacar e promover os diversos atractivos culturais, naturais e locais do noso municipio. A aplicación buscará ofrecer unha experiencia enriquecedora para as persoas visitantes, así como contribuír ao desenvolvemento económico e ao fomento do turismo sostible na zona.
A rexedora quixo pór en valor que “este proxecto busca acadar unha das metas que nos temos marcado colectivamente, destacando os beneficios do turismo sostible e como a aplicación pode contribuír á consecución de varios obxectivos de desenvolvemento da Axenda 2030, na que o goberno municipal traballa transversalmente”.
Os principais obxectivos do proxecto inclúen aumentar a visibilidade de Barreiros como destino turístico, promover a participación da veciñanza, xerar ‘leads’ e aumentar o turismo e posicionar a Barreiros como un destino turístico sostible e responsable, entre outros. A App que se creará ao abeiro deste proxecto incluirá seccións detalladas con información precisa, localizacións, horarios e contacto dos puntos de interese, así coma opcións de audio e videoguías. Fomentarase a participación activa dos usuarios a través dun apartado adicado a comentarios e opinións e suxestións. Estará dispoñible en español e en galego para dispositivos Android e iOs. Ademais, implementarase unha estratexia de promoción que incluirá a creación de códigos QR.
Esta actuación enmárcase no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerativosEU a través da Axencia de Turismo de Galicia. A contía para esta iniciativa ascende a 10.440€.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



