NOTA DE PRENSA:
O promotor so continua os traballos na parcela do castro destruída polas palas entre os días 4 e 8 de xuño de 2007 coa conivencia do goberno municipal co Sr. Balseiro a fronte.
DA A SENSACION DE QUE BALSEIRO COA PNL DEFENDE MAIS OS INTERESES PRIVADOS DO PROMOTOR QUE O MANTEMENTO E VALORIZACION DO CASTRO DA ATALAIA.
O goberno municipal non tivo reparos en conceder as tres licenzas de construción aínda sendo coñecedor do informe de Moenia arquitectura para o PXOM que instaba a preservar a zona no ano 2005.
O CONCELLO RESPONSABEL DA DESTRUCION DUNHA PARTE DO CASTRO
O BNG tachou ao concelleiro e parlamentario popular, Jose Manuel Balseiro, de profesional da demagoxia e a mentira interesada ao presentar unha Proposición Non de Lei(PNL) na que se pretendía a compra pola Consellería de Cultura dos terreos que ocupa o Castro da Atalaia esquecendo as responsabilidades que ten asumidas como membro dun goberno denunciado por destrución dunha parte dese xacemento en xuño de 2007. Os principais responsábeis de que hoxe na Atalaia se poda construír nunha das parcelas que antes ocupaba o castro, foron os membros do goberno municipal que incumprindo unha orde de paralización da Consellería de Cultura permitiron durante 4 días o desmantelamento de todo vestixio arqueolóxico cos camións transportando o material a unha escombreira de Moras(Xove) por unha rúa con dirección prohibida e superando a tara máxima permitida sen ningún permiso municipal.
CONCEDERON LICENZAS SEN INFORMAR A PATRIMONIO
O Sr. Balseiro ten a desfachatez de esixir responsabilidades a Patrimonio argumentando o coñecemento da existencia dun informe arqueolóxico da zona, cando ese informe elaborado pola empresa Moenia Arqueoloxía, forma parte do expedente da documentación do PXOM encargado polo propio concello de Cervo e a pesar da súa existencia e coñecemento dende o ano 2005, nin informaron a Patrimonio nin tampouco ao promotor cando este solicitou as licenzas que lle foron concedidas con total normalidade. Cabe por tanto lembrarlle ao Sr. Balseiro as responsabilidades municipais en materia de protección do patrimonio que son as mesmas que se lle esixen a administracións superiores e nomeadamente a LRBRL no Art. 25.2 “O Concello exercerá, en todo caso, competencias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, nas seguintes materias: 25.2.e Protección do patrimonio”, ou o Art. 7 da Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galiza que en relación a actuación dos concellos di “Notificarán á Administración competente calquera ameaza, dano ou perturbación da súa función social que tais bens sufran”; Evidentemente nin ao Sr. Balseiro nin ao resto do goberno municipal lle interesaba nada esta lexislación cando o 28/11/06, o 1/12/06 e o 18/04/07 concederon as licenzas, pasando tamén por alto a aparición en agosto de 2006 do concheiro do Castro do que xa contaban con informe arqueolóxico.
A INICIATIVA DE BALSEIRO SO BENEFICIA AO CONSTRUTOR
Balseiro con esta iniciativa so trata de compensar ao promotor das perdas que lle esta a ocasionar a aparición do castro ao impedírselle construír os proxectos previstos naquelas parcelas que non foron destruídas en xuño de 2007, e que xa foron tratadas con métodos arqueolóxicos, atopándose numeroso material e construcións que xa están a vista. Si o goberno municipal tivera a mesma preocupación cando estaba na súa man a concesión das licenzas, nin o promotor nin os veciños teriamos que lamentar unha situación de difícil solución que require diálogo e acordos onde todalas partes poñan cedan en beneficio do interes colectivo e non do individual como adoita a defender o Sr. Balseiro.
BALSEIRO NESTE ASUNTO PERDEU A CREDIBILIDADE FAI MOITO TEMPO
Para o BNG, o Sr. Balseiro chega tarde pretendendo atribuírse unha suposta defensa do patrimonio que nunca existiu, xa que ademais de ser protagonista dun goberno que participou activamente nunha campaña de negación obcecada da existencia do xacemento da Atalaia, forma e formou parte dun goberno que foi cómplice e testigo directo da súa destrución parcial e mirando cara outro lado durante os días que as maquinas escavadoras traballaban sen descanso e os camións baixaban por dirección prohibida superando a tara máxima permitida nuns feitos que a Fiscalía de Lugo admitiu a trámite como delito contra o patrimonio histórico polo que se siguen dilixencias no Xulgado nº1 de Viveiro.

















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



