Foz, 19 de abril, 2024. Augas de Galicia vén de comezar os traballos previos para acometer a construción da estación depuradora de augas residuais de Foz. Así, estes días as tarefas consistirán no acopio do material necesario, así como no movemento de terras.
O obxectivo é executar unha nova depuradora de augas residuais e un tanque de tormentas, ademais de ampliar os bombeos e os colectores, para acabar coas deficiencias de funcionamento do sistema de saneamento municipal.
As intervencións previstas permitirán dotarse da capacidade necesaria para acadar os obxectivos de vertido de calidade na auga tratada, principalmente no verán, cando a chegada de turistas incrementa significativamente a poboación. Este conxunto de actuacións impulsadas pola Xunta permitirán triplicar a poboación servida e multiplicar por 9 a capacidade de tratamento.
Executarase unha nova depuradora en Caldouceiro cun caudal máximo de 700 m³/hora e capacidade para atender a 22.342 habitantes, con 2 liñas de desbaste, desareado-desengrasado, tratamento biolóxico por ultravioleta e liña de lodos.
Construirase tamén un novo tanque de tormentas, situado no punto baixo da conca principal, ao lado da actual depuradora, con capacidade para 1.000 m³ e dotado de 3 bombas centrífugas somerxibles, medición de caudal e funcionamento autónomo con envío de datos. Ademais ampliaranse o caudal e a capacidade dos bombeos actuais e disporanse de 4,7 quilómetros de novas conducións.
Os traballos terán un prazo de execución de 18 meses para a execución das obras e 12 para a posta en marcha da nova depuradora.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



