Nota de Prensa
Os populares seguirán esforzándose na defensa dos intereses dos veciños de Foz e loitarán e desenvolverán as xestións precisas para acadar máis e mellores servizos para o municipio
A XUNTA BIPARTITA, PESE A PROMETELO, NON DEIXOU PRESUPOSTO NIN PROXECTO ALGÚN PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA RESIDENCIA CON CENTRO DE DÍA
* Socialistas e nacionalistas protagonÍzan unha actitude cínica, pois reclaman agora aquilo que non tiveron vontade de cumprir en canto ao presupostos do 2009 cando tiñan a responsabilidade do goberno autonómico.
* Respectan aos manifestantes que de boa fe adheríronse á convocatoria pero lembran que a confrontación institucional non é a mellor fórmula para lograr a creación de novos servizos.
Foz, 9 de outubro de 2010.- O Partido Popular de Foz quixo lembrar no día de hoxe que a pesar de que socialistas e nacionalistas cando gobernaban na Xunta de Galicia se comprometeron a facer diversas obras, coma a construción dunha nova residencia con centro de día na localidade, a Xunta bipartita non inclúeo ningunha partida nos presupostos do ano 2009 para o proxecto nin para a construción deste novo servizo.
Resulta polo tanto “sorprendente” e unha actitude “cínica” que “aquilo que eles prometeron (PSOE-BNG) e non foron capaces nin sequera de presupostalo, o que demostra que non tiñan vontade de cumprilo, e agora sexan os que inicien a reclamación e os primeiros en colocarse detrás dunha pancarta”.
Respecto a convocatoria da manifestación que aparece no díptico, da a impresión que a realiza o Concello de Foz, cando foi idea do Sr. Rivera e a súa executiva, comentando o acordo que eles individualrmente tomaron no pleno, por si particularmente algún grupo desexaba participar, polo que a convocatoria e do PSOE e non do Concello. Recordámoslle ao Sr. Rivera que non ten maioría e el por si mesmo non pode usar o nome do Concello de Foz ao seu antoxo e menos do seo partido político.
RESPECTO AOS MANIFESTANTES
Os populares de Foz non apoiaron á manifestación convocada para reclamar este servizo porque entenden que a confrontación institucional non é a canle máis apropiada para acadar este tipo de logros, aínda que, como non podía ser doutro xeito, respectan aos veciños de boa fe que se adheriron a ela.
OMPROMISO POPULAR
No PP de Foz, comprométense a ser os primeiros en seguir esforzándose na defensa dos intereses dos seus veciños, aunque algúns non os teñan en conta, e xa adiantan que loitarán e desenvolverán os máximos esforzos para acadar máis e mellores servizos para o noso municipio. Agora ben, insisten en subliñar que, “os que incumpriron as súas promesas –en referencia a PSOE e BNG- son os menos indicados para reclamar agora unha nova residencia”
Finalmente o Partido Popular lembrou que nesa política de “esperpento” na que parecen instalados os socialistas e nacionalistas locais, chegaron incluso a manifestarse –esta vez por separado e en días distintos- solicitando a posta en marcha da nova Escola Infantil, cando a Xunta xa tiña prevista a data para súa entrada en servizo. Socialistas e nacionalistas situáronse detrás da pancarta unha vez máis aínda que semanas despois tiveron que levar este asunto a Pleno, e recoñecer que aínda non tiñan os deberes feitos, e ratificar a cesión do local da Escola á Xunta, porque aínda non o fixeran oficialmente. Esperamos que neste caso non pase o mesmo.

















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



