O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe na presentación desta campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
Lugo, 30 de abril de 2024. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe en Lugo na presentación dunha nova campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) para garantir a seguridade nos aproveitamentos forestais en zonas perigosas. No acto, no que tamén estivo presente a xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja, González destacou a relevancia deste eido económico na provincia lucense, así como a implicación das asociacións e empresas representantivas do sector á hora de protexer as persoas traballadoras para que o forestal siga servindo de panca impulsora do medio rural.
En palabras do conselleiro, hoxe debe quedar claro que é fundamental a formación e información do persoal sobre os riscos máis habituais asociados aos aproveitamentos forestais, establecendo as medidas de protección e prevención pertinentes. Neste caso, trátase de recoñecer as zonas perigosas en tarefas como poden ser a corta manual ou mecanizada de árbores, o tronzado ou saca de madeira e a carga sobre plataforma, máis aló doutras situacións especiais que se poden rexistrar.
Nesa liña, transmitiuse que é primordial situarse fóra das zonas de perigo e asegurarse de que non haxa persoas nelas cando se opera, así como respectar as recomendacións de seguridade recollidas nos manuais de instrución dos equipos de traballo e atender ao recollido na avaliación de riscos.
Nese senso, González quixo recoñecer o labor do persoal técnico que día a día se encarga da prevención. Tamén o do Grupo de traballo técnico no sector forestal do Issga, que elabora documentos formativos e informativos sobre condicións de traballo seguras que permitan sensibilizar e abordar a sinistralidade laboral neste sector estratéxico. Así, téñense organizado -por exemplo- actividades a prol do correcto desenvolvemento do sector forestal, como cursos de prevención de riscos no uso da motoserra e da rozadoira ou de gamificación para avanzar na prevención de riscos laborais neste eido.
Todas estas actividades enmárcanse na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, que persegue afrontar os riscos ante a transformación do mercado laboral e sentar as bases de cara a crear contornas de traballo seguras, saudables e sustentables. Deste xeito, -entre outras cuestións- abórdanse os riscos psicosociais, os accidentes laborais e as enfermidades profesionais, buscando reducir a sinistralidade en eidos con maior incidencia ou singulares, como é o caso do forestal, pero tamén noutros como o dos coidados, a pesca, a construción ou o naval.
Máis actos do Issga
O acto de hoxe sucedeu á presentación o pasado mércores en Ourense doutra campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia para previr as caídas de altura por mor da instalación de paneis solares en cubertas. Ambas accións enmárcanse nas organizadas co gallo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo que se conmemorou o pasado domingo 28 de abril, poñendo o foco no cambio climático e as posibles respostas ás situacións que xera neste campo.
Cómpre engadir que o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia organizou tamén unha xornada técnica baixo o título Como avanzar no benestar laboral e ser unha empresa saudable e sostible. Nos próximos días tamén están programadas visitas da Escola Galega de Prevención co gallo de concienciar ás novas xeracións da necesidade de consolidar pautas de saúde e seguridade laboral e accións a prol de colectivos senlleiros como as redeiras e mariscadoras.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



