O exemplar completo, poderá descargarse gratuitamente desde este venres, a través da dirección electrónica: https://turismo.deputacionlugo.gal/gl/node/79709
Lugo, 9 de maio de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este xoves na Catedral de Lugo, nun acto aberto ao público, a cuarta e última guía do románico editada pola institución provincial para difundir e poñer en valor este patrimonio na provincia, dedicada ás comarcas de Lugo, A Terra Chá e A Mariña. Un libro que, tal e como explicou José Tomé, vén a completar o proxecto editorial que iniciou a Deputación no ano 2021 con publicacións sobre este tipo de arte no conxunto da provincia.
Na presentación, o Presidente estivo acompañado polos deputados provinciais Pablo Rivera Capón e Marisol Morandeira; o Vicario xeral da Diocese de Lugo, Mario Vázquez; a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; e tamén alcaldes e alcaldesas das comarcas de Lugo, A Mariña e Terra Chá.
“Cando presentamos este proxecto, faciámolo convencidos da necesidade de contar cun conxunto de publicacións completas, amenas e rigorosas, que recollesen o inmenso e valioso patrimonio románico co que contamos na provincia de Lugo”, explicou o mandatario provincial, recalcando a vontade da Deputación de facer “unhas obras completas, que incluísen dende os monumentos máis coñecidos, como a Catedral de Lugo, ata as pequenas capelas das parroquias, porque a cultura está por todas partes, e promover o patrimonio do rural é unha forma de darlle ferramentas para o seu desenvolvemento”.
“Estas guías, que teñen un gran valor en si mesmas, son tamén un exemplo claro da forma na que entendemos a defensa do patrimonio e a súa posta en valor na Deputación de Lugo. De como arredor do patrimonio se poden desenvolver políticas transversais de impulso do turismo, da promoción do territorio, e, polo tanto, da actividade económica e do emprego”, valorou o Presidente.
Coincidindo co Día de Europea e co Día da Transrománica, que se conmemora este 9 de maio, sinalou José Tomé que este itinerario, no que ingresou a provincia grazas á Deputación, “é o máis importante ligado a este estilo artístico en todo o continente, que é o mesmo que dicir en todo o mundo, coa proxección nacional e internacional que iso supón para a provincia de Lugo. De feito, xunto a Lugo, en España só forman parte da Ruta Transrománica outros dous lugares: o mosteiro de Santo Domingo de Silos e a cidade de Zamora”.
Lembrou o Presidente que, en torno a esta conmemoración, a Deputación de Lugo está a organizar durante todo este mes de maio rutas gratuítas polo patrimonio románico de toda a provincia, para as que están cubertas xa todas as prazas. “Estas iniciativas, xunto con moitas outras, conforman a ampla estratexia que vimos promovendo dende a Deputación para consolidar un modelo de turismo de calidade, sostible, que deixa valor no territorio en termos económicos e de emprego, e que, polo tanto, contribúe a fixar poboación, algo que tanto necesitamos, sobre todo no rural”.
Esta publicación, que se lle entregou aos asistentes en formato libro, estará dispoñible unicamente en versión dixital e poderá descargarse gratuitamente desde este venres a través da dirección https://turismo.deputacionlugo.gal/gl/node/79709. Esta guía complétase cos volumes da Ribeira Sacra; A Ulloa; e Os Ancares, O Courel e Sarria.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



