A obra abrangue unha extensión de máis dun quilómetro desde o Lugar da Granda ata o lugar do Pazo
Cervo, 10 de maio de 2024. O Concello de Cervo vén de comezar os traballos da primeira fase do saneamento da parroquia de Rúa, que supoñen un orzamento que supera os 300.000 euros (338.755 euros concretamente).
A rexedora, Dolores García Caramés, a concelleira de Obras, Mali Méndez, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, achegáronse ata a zona, acompañados do pedáneo Ramón Elemparte, e dos técnicos responsables da obra, para supervisar o inicio destes traballos que abranguen desde o Lugar da Granda ata o lugar do Pazo, máis dun quilómetro de rede de saneamento que dará servizo ás vivendas da zona, ao campo de fútbol e ao futuro pavillón proxectado.
O orzamento inclúe a construción dunha nova depuradora nos terreos cedidos pola Comunidade de Montes, a que será a sétima do termo municipal que complementará a rede de saneamento municipal formada na actualidade polas plantas depuradoras de Figueirido, A Senra, a de Cervo, a de San Ciprián, a de Trasbar e a de Castelo.
A actuación, tal e como explicaron, contempla a implantación dun sistema separativo de augas residuais e pluviais, coa construción de cunetas de formigón para canalizar as augas aos cursos naturais existentes na contorna ou a través da súa condución por tubaxes. Tamén se prevé dotar dun sistema público de abastecemento de auga a toda esta zona e contémplase a renovación integral da vía que une os citados núcleos de A Granda e O Pazo, e tamén na súa prolongación ata o lugar de Lombos, “coa intención de seguir a traballar na creación de espazos cada vez máis humanizados, cómodos e accesibles para a veciñanza no noso termo municipal, neste caso na nosa zona rural”, explicou a rexedora.
Caramés puxo de manifesto que se trata dunha actuación importante para a veciñanza desta parroquia, un primeiro paso que nos permitirá achegar esta infraestrutura esencial a toda a parroquia dotándoa dunha rede de saneamento necesaria para seguir a mellorar os servizos das nosas zonas rurais, neste caso da parroquia de Rúa.

























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).


