“Hai que ter en conta tamén a aportación do Plan Único da Deputación de Lugo, que supón a maiores 378.027,06€ para o noso Concello”, sinala a alcaldesa Carmela López
Burela, 10 de maio de 2024. O Pleno da corporación municipal de Burela aprobou os orzamentos do Concello do ano 2024, a pesar dos votos en contra do Partido Popular.
“Valoramos moi positivamente os esforzos adicados tanto polo equipo de goberno como polos técnicos municipais que participaron na elaboración dos orzamentos”, sinala a concelleira de Facenda, Patricia Eijo.
O orzamento para o exercicio 2024 ascende a un importe global de 8.350.591,64 euros, logrando un incremento do 7,35% respecto do ano anterior.
“Son uns orzamentos traballados e revisados partida a partida, que cumpren co obxectivo de estabilidade orzamentaria e co principio de prudencia, cun equilibrio entre gastos e ingresos”, afirma Eijo.
No cuadrante de ingresos, as transferencias correntes e os impostos directos son as dúas partidas máis cuantiosas, que supoñen unha porcentaxe do 45% sobre o total no primeiro caso, e do 32% no segundo.
O 21% corresponde coas taxas e prezos públicos. “Este é un tributo por un servizo que beneficia directamente ó interesado que o solicita, son os vados, as terrazas e marquesiñas ou as licencias de apertura”, subliña a concelleira. “O incremento con respecto ó último orzamento do ano 2022 vén motivado pola actualización dos índices dos últimos 2 anos”, engade.
“Con este orzamento fortalecemos as políticas de apoio ó ámbito social, cultural, comercial, educacativo e deportivo, xa que se incrementou en algo mais de 89.000 euros o capítulo correspondente”, destaca Eijo.
Tamén “se prioriza garantir a prestación de servizos básicos no municipio, un capítulo no que se inclúen os suministros, as reparacións ou o alumeado, o que supón un 48% do total do gasto”, explica.
“Ademais deste orzamento hai que ter en conta tamén a aportación do Plan Único da Deputación de Lugo, que supón a maiores 378.027,06€ para o noso Concello”, puntualiza a alcaldesa Carmela López.
A rexedora criticou que “o Concello teña que facer fronte a un gran número de gastos impropios, que son parte das competencias da Xunta de Galicia pero que esta non asume”.
“Temos que asumir preto dun millón de euros en servizos sociais, educación e SAF que debería poñer a Xunta, as súas subvencións non son suficientes”, lamentou.
“Cómpre lembrar tamén que o Concello conta cun aforro importante que está a empregar para as obras que se están executando na actualidade, coa incorporación do remanente que vimos facendo nos últimos plenos”, sinala a alcaldesa.
“Dese xeito, os case 150.000€ de inversión que figuran no orzamento non reflicten o total de investimento real que se está a realizar gracias ao Plan Único e aos Remanentes de Tesourería do noso Concello”, conclúe.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



