O proxecto foi seleccionado como un dos máis innovadores do país na FP
Foz, 13 de maio, 2024. O recoñecemento tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Sevilla durante un evento organizado por FPEmpresa e CaixaBank Dualiza, coa colaboración da Junta de Andalucía e FPEmpresa, ao que asistiron máis de mil docentes e profesionais da Formación Profesional. Recolleu o premio a directora do IES de Foz, Leticia Maseda.
O evento consolidouse como un dos principais referentes da Formación Profesional a nivel nacional, abordando distintas temáticas que afectan de modo directo a esta modalidade formativa e á comunidade educativa.
Nesta ocasión, a orientación profesional foi a temática escollida para conducir os relatorios. Unha orientación inicial, pero tamén, como indicou o presidente de FPEmpresa, Luis García “cando están a cursar os estudos nos nosos centros e pensamos nos cidadáns que requiren ese acompañamento ao longo da vida aos que debemos axudar a desenvolverse persoalmente e coñecer que oportunidades teñen no mercado. Diso vai este congreso”. A directora de CaixaBank Dualiza, Paula San Luís, lembrou o traballo realizado dende a súa entidade “para apoiar aos centros educativos en todas as iniciativas destinadas a promover a orientación, dado que o consideramos un piar clave para potenciar a cualificación das persoas desde a FP”. Na súa intervención cedeu a palabra ao presidente de CaixaBank, José Ignacio Goirigolzarri, firme defensor da FP, que quixo estar presente a través dun vídeo no que agradeceu ao congreso polo “seu acerto á hora de ofrecerse como un punto de encontro para os docentes, impulsando a transferencia de coñecemento e actuando como un motor da innovación e altofalante das últimas tendencias. Dende o plano institucional o presidente da Junta de Andalucía, Juan Manuel Moreno Bonilla lembrou que “a orientación profesional é a ferramenta máis útil para poder coñecer a ampla oferta que nos depara o mercado laboral e neste punto gustaríame sinalar a que para min resulta a gran conquista da FP” que “hoxe en día representa a gran esperanza formativa e a gran esperanza laboral para varias xeracións de mozas e de persoas non tan novas e, en consecuencia, un nicho de empregabilidade capaz de dinamizar o mercado laboral como xamais viramos antes”. Desde o Ministerio, a secretaria xeral de Formación Profesional, Clara Sanz, insistiu en que “non haberá desenvolvemento económico, tecido produtivo se non conseguimos a FP que o noso país necesita” e “o gran avance hai que buscalo nos consensos, en tecer alianzas”. Todo iso foi a antesala duns relatorios nos que a propia Clara Sanz, a conselleira de Desenvolvemento Educativo e FP da Junta de Andalucía ou o viceconselleiro de Formación Profesional do Goberno vasco, Jorge Arévalo, analizaron a entrada en vigor da nova Lei de FP e os retos que suporá para o profesorado. O propio Arévalo defendeu a normativa porque “permite facer o que queiramos facer” e porque “os centros de hoxe teñen que ser diferentes, non podemos pretender entrar en centros iguais que hai 50 anos se queremos superar os novos desafíos”. Esa diferenciación enumerouna a través de novos espazos dixitais de alto rendemento, ou espazos dixitais inmersivos, que facilitarán o traballo dos alumnos a distancia e que permitirá que “se mañá temos unha pandemia, ao día seguinte os estudantes poden seguir traballando”. A parte empresarial permitiu escoitar a experiencia do CEO de Ly Water, compañía andaluza que factura máis de 370 millóns de euros, ou o testemuño do ex presidente de CICA, premiada polo seu compromiso coa FP e que conta con máis do 50% do seu persoal procedente do FP. Os datos correron a cargo da directora de Ensinos Postobrigatorios do Consorcio de Educación de Barcelona, Gemma Verdés, que debuxou o mapa trazado dende a súa institución para poder contar con datos de máis do 85% dos estudantes matriculados, ou de Mónica Moso, investigadora de CaixaBank Dualiza, que analizou a inserción laboral dende a FP para reflectir as cifras que mostran como a afiliación á seguridade social dos titulados en Grao Medio e Grao Superior de Dual, é maior que aqueles que non cursaron a súa formación nas empresas Os alumnos tamén tiveron a súa oportunidade de expresarse nunha mesa redonda moderada polo director de Innovación da Cámara de Comercio de Sevilla, Ramón Bullón, na que Mónica Rufián, estudantes de Grao Medio de Panadería, Pastelería e Confeitería no CIPFP Furtade de Mendoza de Granada aconsellou a quen decide o seu futuro “non estudar o que teña saída porque cando escolles o que queres, ti mesmo buscas as saídas”. Todo nun congreso no que se trazou unha folla de ruta cara a onde debería conducir unha orientación ideal, e na que a empresa debería asumir unha parte dese proceso a través de “un achegamento entre as empresas e os sistemas educativos con acordos puntuais afastándose de grandes palabras”, segundo afirmou o director de Fundación Orange, Daniel Morais, que lembrou que “cando fracasa un alumno non é un fracaso dese alumno, senón que é un fracaso do sistema”. Todos os asistentes puideron ademais visitar unha serie de centros educativos situados en Sevilla para coñecer o modo en que se organizan, os medios dos que dispoñen ou as estratexias seguidas para mellorar ao máximo a educación dos estudantes.
CaixaBank Dualiza
CaixaBank Dualiza é o compromiso da Fundación pola Formación Dual. CaixaBank coa promoción e a difusión da Formación Profesional, así como do papel fundamental que esta modalidade formativa ha de xogar no futuro da sociedade. Só a través de máis formación se pode conseguir unha sociedade máis cohesionada na que se reduzan as desigualdades. Para iso, CaixaBank
Dualiza apoia as demandas dos docentes e dos centros educativos e traballa con empresas para a capacitación dos futuros profesionais e a mellora da súa empregabilidade. Dende o seu inicio, toda a súa actividade beneficiou a máis de 35.000 estudantes, 3.700 empresas e 2.500 centros educativos.
FPEmpresa A Asociación de Centros de Formación Profesional FPEmpresa é unha asociación sen ánimo de lucro que reúne a Centros de Formación Profesional públicos, concertados e privados de toda España. Dende 2012, FPEmpresa traballa coa finalidade de impulsar e fomentar a Formación Profesional a través do intercambio de experiencias e boas prácticas entre os centros que compoñen a Asociación. Así mesmo, FPEmpresa ten o propósito de contribuír ao impulso da Formación Profesional xerando sinerxias e impulsando proxectos que consoliden un modelo de profesionalización baseado no coñecemento, a innovación e o talento.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



