Nota de Prensa
A Deputación iniciará no último trimestre do ano o asesoramento a PEMES para innovación en benestar social
– Esta iniciativa, incluída dentro do CIS, permitirá aforrar cartos ás empresas, xa que funcionará como plataformas de investigación na que poderán probar produtos adaptados ás necesidades sociais antes de lanzalos ó mercado
– Máis de 400 lucenses en paro realizaron a proba teórica para optar ós 27 empregos que ofrece o Centro de Innovación Social que se instalará na Fundación TIC
– Rematado o proceso selectivo deste “Programa Innovador de Mellora de Emprego”, os seleccionados recibirán unha intensa formación de forma gratuita para os seus postos de traballo
O Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo acolleu este mércores a proba teórica do proceso de selección do persoal que traballará no Centro de Innovación Social (CIS), e que porá en marcha a Deputación nas instalacións da Fundación TIC ó abeiro do Plan Avanza que cofinancia o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e conta cun investimento de 1,5 millóns de euros.
As 404 persoas en paro que optan ós 27 postos de traballo que ofrece este “Programa Innovador de Mellora de Emprego” realizaron a proba, cuxos resultados publicaranse os vindeiros días tanto na páxina web como no taboleiro de anuncios para iniciar no último trimestre do ano as actividades de asesoramento en innovación e investigación a PEMES, co obxectivo de desenvolver iniciativas que permitan mellorar a calidade de vida das persoas, especialmente da terceira idade e dependentes, un colectivo moi numeroso na provincia.
Neste senso, o CIS plantéxase como un “laboratorio do cidadán”, é dicir, unha plataforma de investigación na que traballarán conxuntamente empresa, asociacións públicas e privadas, universidades, institutos e cidadáns para probar produtos adaptados ás necesidades sociais, antes de lanzalos ó mercado. É o caso de manuais para axilizar as capacidades mentais, aparellos que melloren as deficiencias visuais e auditivas, cadeiras adaptadas, etc.
Deste xeito, o organismo provincial aforrará cartos ás PEMES, xa que lles supón un grande gasto atopar servizos específicos e vense na obriga de recurrir a unha subcontrata que teña grandes infraestruturas e persoal cualificado para acadar o produto axeitado. O CIS da Deputación solucionaralles este problema.
Formación específica en innovación empresarial
Os seleccionados serán contratados por un período de 12 meses a xornada completa en postos como conserxes, persoal de oficina, licenciados en Ciencias Económicas ou Dirección e Administración de Empresas, diplomados en Humanidades, Educación Social, Imaxe e Son, e ata axentes dinamizadores Multimedia e TIC, ou de Benestar Social. Ademais, todo o equipo recibirá formación específica en innovación empresarial para o seu posto de traballo, como paso previo ó inicio das actuacións a executar ó longo de toda a provincia, traballando dende o nivel máis básico con todos os sectores da poboación.
Deste xeito, a Deputación, ademais de crear emprego, tamén fomentará o avellentamento activo e impedirá o illamento dos lucenses. En España só existen outras infraestruturas semellantes en Cataluña, Bilbao e Guipuscua.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



