O acto contou coa intervención da alcaldesa, Marta Rouco e o presidente do Vilalba FS, Álvaro Fraga, para finalmente concluír coa saída das xogadoras ao balcón da Casa Consistorial
Vilalba, 19 de maio de 2024. O Concello de Vilalba volve estar de celebración e esta vez as protagonistas son as xogadoras do equipo sénior feminino do Vilalba Fútbol Sala, que veñen de converterse no día de onte en campioas da Liga Preferente Feminina, o que as leva a debutar a vindeira tempada na Segunda División Nacional do fútbol sala feminino.
Un ascenso histórico co que o Concello de Vilalba quixo ter o correspondente recoñecemento, polo que convocou ao equipo, ás familias e a todas as vilalbesas e vilalbeses a celebrar o ascenso das xogadoras na mañá de hoxe na Casa do Concello.
Así, as protagonistas do ascenso, acompañadas polo equipo técnico do Vilalba FS, a directiva, as familias e os afeccionados, foron recibidas na mañá de hoxe no Concello de Vilalba, onde ademais da alcaldesa, Marta Rouco, e a Concelleira de Deportes, Paula Vigo, tamén estiveron presentes representantes das catro forzas políticas que conforman a corporación municipal na actualidade.
Durante o acto, que se desenvolveu no Salón de Plenos da Casa Consistorial, a alcaldesa, Marta Rouco, agradeceu ás xogadoras “o voso esforzo e dedicación para chegar ata aquí” e aproveitou para “animarvos a que sigades loitando polos vosos soños e rompendo barreiras como fixestes ata agora”.
Así mesmo, a rexedora vilalbesa salientou “a figura de exemplo que representades para as novas xeracións vilalbesas e para todos os nenos e nenas que agora mesmo se atopan nas bases do equipo de fútbol sala”, facendo fincapé ademais “na importancia de apoiar o deporte e de apoiar o deporte feminino”.
Pola súa banda, tamén o edil popular e presidente do Vilalba FS, Álvaro Fraga, aproveitou para felicitar ás súas xogadoras, recoñecer o seu éxito e facer honra ao seu hastag “#Vilalbaquerefutsal”.
Finalmente, o Concello agasallou ao Vilalba FS cunha figura de Sargadelos para conmemorar o seu éxito, e á súa vez a rexedora recibiu por parte do equipo de fútbol sala unha camiseta da segunda equipación e unha bufanda para seguir dando folgos ao equipo vilalbés.
E para concluír o acto, as xogadoras e o equipo técnico do Vilalba FS saíron ao balcón da Casa do Concello para celebrar o seu ascenso e amosar a copa que representa o seu logro ás familias e afeccionados que se achegaron ata á Praza da Constitución, onde, unha vez rematado o acto oficial, continuou a festa cunha sesión vermú para celebrar este gran fito do fútbol sala feminino vilalbés.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


