Ribadeo, 4 de xuño, 2024. Na mañá do martes o voceiro municipal do BNG de Ribadeo, Pablo Vizoso e o deputado ribadense do BNG, Daniel Castro anunciaron que, este último, viña de rexistrar unha serie de iniciativas no Parlamento para instar á Xunta de Galicia a achegar, polo menos, os 700.000 euros que prometeron desde o PP en campaña electoral.
O custe total da reforma cífrase en 1.636.000 euros, que se dividiu nun total de 900 mil euros aportados polo concello en 2023 a través dun préstamo e o restante aportado pola herdanza do Doutor Moreda. Daniel Castro recorda que “por cuestións competenciais debería ser a Xunta de Galicia a administración que sufragase a totalidade deste gasto. Pola contra o único que os e as ribadenses teñen enriba da mesa son promesas, sempre en campaña electoral, nas que din que chegarán 700 mil euros por parte da Xunta de Galiza que nunca chegan.”
“Por esta razón e ante a pasividade e inacción do actual alcalde do Partido Popular, o BNG decidiu tomar a iniciativa e levar a cabo estas xestións para asegurar esa financiación de parte do goberno galego e poder aliviar así as precarias finanzas do concello de Ribadeo desde que é administrado polo Partido Popular.” engadiu tamén Pablo Vizoso. “ Estamos tamén moi preocupados polo pouco avance das obras de reforma, despois de solicitar as certificacións de obra oficiais, a data de 1 de maio só se levaba executado o 4% do total do orzamento, na práctica as obras están paradas. Hai veciños e veciñas da zona que nos alertan de que non se están realizando traballos no inmoble. Esta situación é moi grave para os usuarios desprazados e os familiares dos mesmos que ven cada vez máis lonxe a data de volta á súa casa. É unha situación que levamos meses denunciando sen resposta do goberno municipal máis alá dalgunha nota de prensa intentando calmar os veciños e veciñas de Ribadeo.”




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



