A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas inaugurou a xornada técnica que se realizou no Pazo de San Marcos dentro desta programación á que asistiron numerosos alcaldes da provincia e persoal funcionario
Lugo, 13 de xuño de 2024. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, inaugurou este xoves, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, unha xornada técnica sobre o catastro impartida polo Xerente Territorial do Catastro de Lugo, Luís Fernando Jácome López. Este evento enmárcase na programación da Semana da Administración Aberta, unha iniciativa promovida pola Alianza para o Goberno Aberto que ten como finalidade principal achegar as administracións públicas á cidadanía baseándose nos principios de transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración.
Carmela López deu a benvida a todos os asistentes e sinalou que “queremos sumarnos a este evento posto que estamos plenamente convencidos de que eses obxectivos de servizo e transparencia teñen que empezar polos concellos, pola administración local”. Nesta liña a Deputada destacou o compromiso que mantén a institución provincial coa transparencia “e que queda plasmado na nosa aposta pola formación e a dotación de servizos para os concellos”.
Na súa intervención, López Moreno tamén puxo en valor o plan de Igualdade da Deputación e subliñou que “ter un goberno aberto de xeito transversal ás políticas de xénero é tamén un exemplo de transparencia”.
Esta sesión, á que asistiron numerosos alcaldes da provincia e persoal da administración pública, reuniu a máis de 60 persoas que puideron abordar cuestións relacionadas co catastro, como ferramentas dixitais, e outros aspectos relacionados coa solicitude de certificados, ou o funcionamento da carpeta cidadá.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



