Ribadeo, 14 de xuño de 2024. O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu esta mañá unha xuntanza da Comisión de Políticas Integrais de Discapacidade da Federación Española de Municipios e Provincias. É a primeira reunión que esta comisión celebra fora de Madrid. O alcalde, Dani Vega, agradeceu a colaboración de Cogami no asesoramento para mellorar a accesibilidade en Ribadeo.
O alcalde de Ribadeo e vicepresidente da Comisión de Políticas Integrais de Discapacidade, Dani Vega, declarou que “hoxe queremos darlle a benvida á Federación de Municipios e Provincias de toda España que viñeron aquí a Ribadeo, concretamente á Comisión de Políticas Integrais de Discapacidade. Para Ribadeo vicepresidir esta Comisión é toda unha honra, pero que a primeira reunión que fai esta Comisión fora de Madrid e que sexa en Ribadeo é motivo de orgullo, de satisfacción, de que Ribadeo está abrindo as portas constantemente a todas as administracións, a todos os colectivos e tamén a todas as federacións, neste caso á Federación Española de Municipios e Provincias”.
O rexedor contou que “o que se fixo aquí hoxe foi analizar, mellorar para avanzar nas políticas de integración. Analizar, mellorar e avanzar significa dar pasos en firme. Tanto a Federación, que está traballando e impulsando propostas para o Congreso, para o Senado, para os Concellos, para as provincias, estamos traballando conxuntamente para que esas políticas de mellora para as persoas que teñen certas dificultades, que se lles faga o día a día máis para eles”.
Vega lembrou que “o Concello de Ribadeo tamén está dando pasos moi importantes. Estou falando de mellorar todos os edificios municipais. Cando falamos de mellorar, estamos dicindo de mellorar a accesibilidade. Por exemplo, na Escola de Música, onde vamos eliminar esas barreiras arquitectónicas, vamos construír un ascensor e tamén melloraremos ese acceso lateral para que se poida acceder con total tranquilidade, que poidas chegar ao ascensor e subir á planta superior. E tamén ten unha accesibilidade a esa planta de ensaio, á planta baixa. Creo que empezar pola Escola de Música, despois seguir mellorando El Viejo Pancho, a Biblioteca Municipal, pouquiño a pouco vamos avanzar”.
O alcalde ribadense dixo que “os recursos económicos son limitados, debemos xestionar primeiro colaboracións institucionais e despois investir. Iso é o que estamos facendo dende o Concello. E tamén queremos dar as grazas a Cogami por asesorar, por colaborar con Ribadeo neste caso, e irnos identificando aquelas cousas que debemos mellorar. Creo que estamos dando pasos moi firmes no Concello de Ribadeo. E tamén colaborar coas distintas asociacións, concretamente con Saúde Mental da Mariña, onde fixemos ese encargo tan especial como elaborar as cestiñas dos arrolos para darlle a benvida ao noso pobo a aqueles nenos e nenas que nacen en Ribadeo. Polo tanto, estamos tamén colaborando cos colectivos da Mariña”.
E engadiu que “tamén vamos seguir avanzando no conxunto da provincia, dando pasos en firme, crendo no que estamos a facer, porque estamos a facer unha misión moi importante, unha labor moi importante, dende os principios da persoa, porque iso é o que nos move. Polo tanto, un día interesante, agradezo tanto ao presidente da Comisión de Políticas Integrais, como a todos os membros desta Comisión, que se viñeran a Ribadeo, a analizar, a mellorar para avanzar”.
O presidente da Comisión de Políticas Integrais de Discapacidade da FEMP, David Gago, manifestou: “hay una cosa muy importante y es que desde la Federación Española de Municipios y Provincias y desde esta Comisión de Políticas Integrales de Discapacidad hemos propuesto que las reuniones se vayan haciendo en los diferentes municipios. Y qué mejor manera de empezar estas reuniones que hacerlo en Ribadeo, ya que además el alcalde es el vicepresidente de la Comisión y además hacerlo en un día como hoy en el cual Ribadeo le acaban de dar el premio al municipio más bonito de Galicia y por lo que tengo entendido también está optando al municipio más bonito del mundo. Es un placer, sobre todo para los que ya conocíamos Ribadeo como un destino de primer orden. Yo siempre que me preguntan ¿dónde puedo ir de fin de semana? Yo soy de Zamora y siempre digo, pues mira, una de las opciones que tienes es ir a Ribadeo, a la Playa de las Catedrales, a conocer un poquito el mundo indiano, el mundo del modernismo, una excelente gastronomía y toda autovía desde casa. Así que es una recomendación siempre máxima”.
Gago indicou que “al final es convertir de alguna manera el territorio, a los pueblos, a las ciudades y en este caso a Ribadeo, en la capital española del trabajo municipalista de las políticas integrales de discapacidad. Y creo que eso es lo realmente importante, lo que se va a hablar hoy aquí, lo que vamos a discutir. Se van a hablar y a comentar asuntos de carácter nacional, nuestra relación con el CERMI, nuestra relación con la Fundación Once, cómo los ayuntamientos están trabajando a favor, y tenemos y debemos de seguir avanzando en favor de las políticas integrales de discapacidad. Y es una manera pues también fantástica de poder compartir con todos y de que Ribadeo se convierta en este caso en la capital española de las políticas activas de municipalismo en favor de las políticas para trabajar en favor de la discapacidad”.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



