A Autoestrada do Atlántico (AP-9) é unha vía fulcral para a vertebración deste noso país, pois que percorre 200 kms do eixo atlántico de Ferrol a Tui onde vive o 70% da nosa poboación. En varios treitos da mesma non existe alternativa acaída de balde, nomeadamente dende A Escravitude até Caldas de Reis e dende Pontevedra a Vigo. Os nosos transportistas, as demáis empresas e autónomos e as persoas consumidoras deste país pagamos 25 € dende Ferrol a Vigo (antes de xaneiro de 2020 era o duplo; ;a viaxe de volta gratuíta no día só está vixente dende o pacto de investidura de Sánchez en 2020 entre o BNG e o PSOE). O que supón unha grande desavantaxe comparativa con outros territorios onde xa caducaron ou están a caducar algunhas concesións (Madrid, Catalunya ou o País Valencià), ou, como no caso das dúas Castelas e Andalucía, onde as súas cidades están unidas dende hai máis de trinta anos por autovías exentas de peaxe.
Nesta última semana o Congreso aprobou con máis do 90% do voto favorábel (só votou en contra o extremismo españolista de Vox) unha nova proposición de lei a proposta da unanimidade do Parlamento de Galicia reclamando a transferencia da autoestrada á Xunta de Galicia. É a cuarta vez que o noso Parlamento aproba por unanimidade do noso Parlamento. Das tres ocasións anteriores Rajoy vetou as dúas primeiras e a Mesa de PSOE e Podemos bloqueou o trámite da proposición de lei aprobada na anterior lexislatura até que decaeu coa disolución de maio de 2023. Velaí a aquelada proposta do voceiro do BNG no Congreso, Néstor Rego, para que a proposta galega sexa tramitada polo procedemento de urxencia. Un novo bloqueo no seu trámite pola maioría da Mesa (PSOE+Sumar) amosaría nidiamente o desprezo por Galicia do Goberno Sánchez.
Dous días despois aprobouse no mesmo Congreso unha moción do BNG cos votos a prol do PP, EH-Bildu, ERC e Sumar que propón a liberación das peaxes a medio do rescate da concesión. O PSOE abstívose, emendando a súa posición no Parlamento de Galicia, mentres o ministro socialista de Transportes Óscar Puente avaliaba sen dados rigorosos primeiro en 4000 M€ e. só un día despois!! en 6.000 M€ o prezo deste rescate concesional, que algúns expertos teñen avaliado entre 2500 e 2900 M€, non moi lonxe dos 2.300 M€ que o Estado destinará a subvencionar as peaxes até a fin da concesión, na primavera de 2048.
A outra posibilidade para a anulación da prórroga concesional (2023-2048) decretada na época do aznarato no 2000 (coa intención directa de incrementar o valor da empresa concesionaria cara á súa-daquela- inminente privatización) alicérzase no expediente de infracción aberto contra o Estado español pola Comisión Europea (CE) e que con moita probabilidade rematará con medidas coercitivas acordadas polo Tribunal de Xustiza da UE por proposta da propia CE que determinen a anulación desta prórroga por non respectar a previa concorrencia competitiva esixida pola Directiva europea de Servizos de 2006. Neste suposto non cumpriría aboar rescate, senón só compensación polos investimentos realizados pola concesionaria dende o comezo da nova prórroga, no 2023.Velaí a grande oportunidade que se abre.
Semella que Puente, como antes o ministro Blanco (PSOE) e a ministra Pastor (PP), están moito máis por defender os intereses da concesionaria que os das empresas e consumidoras galegas e non han aproveitar esta oportunidade tan senlleira. Mais tempo ao tempo ao inexorábel reloxo europeo.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



