O delegado territorial da Xunta en Lugo participou hoxe na presentación do Plan director de turismo gastronómico da comarca
Viveiro, 25 de xuño de 2024. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou que a gastronomía é un dos principais factores que atrae visitantes a Galicia e apostar por ela é favorecer un turismo máis sostible e desestacionalizado.
Arias participou hoxe na presentación do Plan director de turismo gastronómico na Mariña, que xorde do Plan de Sostibilidade Turística xestionado pola Mancomunidad de Concellos da Mariña Lucense e cofinanciado pola Xunta de Galicia con 1 millón de euros. Ligado a ese proxecto, presentouse tamén o novo Colectivo de Gastronomía da Mariña, formado por representantes dos diferentes axentes da cadea de valor, desde os produtores ata os hostaleiros.
Ao respecto, Arias sinalou que “o binomio produción agroalimentaria e turismo danse a man para dar lugar a experiencias turísticas que nos permiten afondar no reequilibrio territorial, na loita contra o despoboamento e na protección do patrimonio cultural, ambiental e social”.
O delegado destacou que a demanda turística medrou na Mariña nun 11% o pasado ano, sendo un dos destinos galegos que experimentou un maior incremento, e lembrou que a Xunta colabora co xeodestino en accións de promoción e difusión e no desenvolvemento de novas iniciativas, como as audioguías ficcionadas recentemente presentadas de Burela e Xove.
Igualmente, o Goberno galego coopera cos concellos con achegas para o embelecemento do litoral e o impulso do seu uso turístico. Nos últimos meses, este programa de axudas supuxo na comarca un investimento de máis de 758.000 euros en 24 proxectos. En concreto, executáronse seis actuacións no Vicedo; tres en Xove, Cervo, Ribadeo, Viveiro e Foz; dúas en Burela e unha en Barreiros.




















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



