A competición está organizada polo Concello e o Club de Tenis A Marosa en lembranza do socio do club falecido no ano 2015, un dos grandes impulsores deste deporte na localidade
Burela, 8 de xullo de 2024. O X Torneo de Tenis Concello de Burela – Memorial Jose Luis Yebra terá lugar nas instalacións deportivas da Marosa entre este sábado, día 13 de xullo, e o 28 de xullo.
A competición está organizada polo Concello e o Club de Tenis A Marosa en lembranza do socio do club falecido no ano 2015, que foi un dos grandes impulsores deste deporte na localidade.
“Ao celebrarse o X aniversario do Memorial Jose Luis Yebra, haberá unha homenaxe máis especial, se cabe, a Jose Luis”, sinalan dende a organización do evento. Tamén se celebra o X Aniversario da creación Club de Tenis-Pádel A Marosa, polo que se lle entregará un recordo da ocasión a todas as persoas participantes.
Esta nova edición do torneo foi presentada polos integrantes da directiva do club Arturo González, Fernando Rey e José María Pérez, así como pola alcaldesa de Burela, Carmela López, e o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez Pena.
A alcaldesa quixo agradecer ao club “o enorme traballo posto en celebrar este evento e en darlle continuidade, xa que chega xa á súa décima edición e está consagrado como unha das citas clave do deporte en Burela”.
Pola súa banda, o concelleiro Carlos Méndez Pena aproveitou a ocasión para “reivindicar o legado de Jose Luis Yebra, cuxa memoria está absolutamente viva en Burela grazas a, entre outras cousas, o seu gran traballo no club”.
Haberá categoría individual absoluta, dobres absoluta e polo menos dúas categorías individuais xoves. A cota de inscrición será de balde para membros do club, mentres que para persoas non socias será de 10€ na categoría individual absoluta e 5€ por participante nas categorías restantes.
Outorgaranse premios e vales ás persoas que consigan ser as primeiras ou as segundas clasificadas en todas as categorías individuais, e premios de consolación para as persoas eliminadas no primeiro partido da categoría individual absoluta. A Gran Final do torneo está prevista para o día 28 de xullo.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.


