Agora que o BNG se sumaba á proposta dos populares, o alcalde, ao quedarse só, decidiu de forma unilateral que non se chegue nin a votar a opción de aprazar a adxudicación
Foz, 16 de xullo de 2024. O Partido Popular de Foz non pasa polas manipulacións do alcalde e impugnará o pleno extraordinario celebrado este luns no que se levaba novamente a adxudicación do servizo da Residencia de Maiores. O señor Cajoto, incumprindo a legalidade, nin deixou que se votara a emenda do Grupo Municipal Popular na que se pedía que se deixara o asunto da enriba da mesa dado que “mentres non estiveran claras as cantidades que ía a pagar os usuarios e mentres non estiveran claras as cantidades de axudas que ía a dar o Concello pois, loxicamente, non era prudente sacar adiante este concurso porque hai a posibilidade de que haxa moitos usuarios que teñan que abandonar a Residencia”, explica o voceiro popular, Javier Castiñeira
No anterior pleno no que levou este asunto, Cajoto admitiu que se votase a posibilidade de que quedase enriba da mesa porque contaba co apoio dos seus socios, pero agora que o BNG se sumaba á proposta dos populares, o alcalde, ao quedarse só, decidiu de forma unilateral que non se chegue nin a votar a opción de aprazar a adxudicación ata que se concrete canto vai a ter que pagar cada usuario.
“Son moitas as irregularidades de Cajoto e chegaremos ata o final para evitar este atropelo. Estamos dispostos a levalo ao contencioso-administrativo”, sinala Javier Castiñeira.
“Non é unha cuestión política, é unha cuestión de humanidade ante un atropelo ás familias e usuarios da Residencia. Cos votos do Partido Popular que non conten se iso vai a provocar que haxa usuarios que teñan que abandonar a Residencia de Maiores por non poder pagala”, finaliza o voceiro do PP de Foz.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



