A institución provincial destina máis de 400.000€ a estes traballos, cun prazo de execución de 9 meses, e que consisten na mellora da drenaxe, no ensanche da vía, a pavimentación e a sinalización nos case 3 primeiros quilómetros desta vía
Lugo, 16 de xullo de 2024. A Deputación de Lugo vén de iniciar en Cervo os traballos de mellora da estrada provincial LU-P-1503, que vai dende Río Covo, por Trasbar, a Vilaestrofe. A institución provincial destina máis de 400.000€ a estes traballos, que afectan a case os 3 primeiros quilómetros da vía, desde o inicio da estrada ata o punto quilométrico 2,6.
As melloras que se están a levar a cabo consisten na mellora da drenaxe e no ensanche en varios tramos da calzada ata chegar a acadar nalgún punto os 5,75 metros, o que permitirá garantir unha maior seguridade para o paso de dous vehículos. Botarase sobre a calzada unha base de zahorra para regularizar o firme, e logo, aglomerado en quente. Os traballos finalizarán coa sinalización e pintado mediante marcas viais reflexivas brancas.
O prazo de execución das obras é de 9 meses, e a adxudicataria -Carferlo SL-, comprometeuse ademais a mellorar a actuación coa dotación de cunetas triangulares, revestidas e rebasables de 100 metros; aumentando o prazo de garantía en 3 anos por riba do obrigado.
Trátase dunha actuación de gran importancia, xa que a vía LU-P-1503 enlaza coa estrada provincial LU-P-1502 e serve de acceso a múltiples servizos, comunicando co concello de Burela e o Hospital Público da Mariña, así como cos campos de fútbol da Granda en Rúa e o da Chá en Vilaestrofe, e co Miradoiro de Monte Castelo.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



