As preguntas formuladas polo PP no Senado o pasado mes de maio e xuño aínda non recibiron contestación a pesar de que o regulamento establece un prazo límite de 30 días
Lugo, 19 de xullo de 2024. Os Goberno de España segue sen aclarar se acometerá a intervención pública de Alcoa a pesar da crecente incerteza sobre o futuro da factoría de San Ciprián e a ameza de peche que mantén a dirección da multinacional do aluminio.
O popular José Manuel Balseiro explica que as preguntas formuladas polo PP no Senado, o pasado mes de maio e xuño, aínda non recibiron contestación por parte do Goberno a pesar de que o regulamento desta cámara establece un prazo límite de 30 días para facelo.
As iniciativas do PP buscaban que o Goberno explique se ten previsto cumprir os mandatos parlamentarios que, aprobados por maioría, obrigan ao Goberno a poñer todos os medios ao alcance das administracións para garantir o futuro dunha factoría vital para a economía da Mariña.
En concreto desde o PP lamentan e censuran a falla do compromiso por parte do Goberno Sánchez e lembran que seguen pendentes dúas medidas fundamentais para todo o sector electrointensivo, en particular dispoñer dun prezo enerxético máis barato e competitivo; e, en segundo lugar, que Sánchez desbloquee os parques eólicos de tramitación estatal que deben subministrar enerxía a Alcoa e que decaeron por estar feitos fóra de prazo.
Desde o PP reiteran o seu apoio aos traballadores e traballadoras de Alcoa e insisten en que Sánchez non pode seguir lavándose as mans nunha crise que require da acción e compromiso do Goberno.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



