Burela, 23 de xullo de 2024. O Concello de Burela acolle a celebración da Romaría de Monte Castelo, que terá lugar entre este venres, día 26 de xullo, e o domingo 28 de xullo. Esta celebración está organizada pola asociación RCM Amigos do Monte Castelo e polo Concello.
Marcos Vázquez, presidente da RCM Amigos do Monte Castelo, sinalou que na festa “ten cabida o relixioso, o musical, o gastronómico, a familia, a amizade… Tendo sempre presentes os valores polos que nos reximos, a educación, o respecto, o coidado do medio ambiente”.
“Trátase de desfrutar todos xuntos nun entorno marabilloso como é o Monte Castelo, cunhas vistas fantásticas do norte de Galicia e do occidente astur”, sinala Vázquez.
“Estamos moi agradecidos en primeiro lugar ao Concello de Burela, á Comunidade de Montes, á Xunta de Galicia, a ABSA, á SCR Ledicia e a todos os establecementos comerciais e ás asociacións que colaboran connosco”, engadiu.
Pola súa banda, a alcaldesa Carmela López subliñou que “a Romaría do Monte Castelo é unha parte moi especial dos eventos do verán de Burela, mantendo a tradición da xuntanza entre familia e amizades no noso mirador e área recreativa”.
“Desde o Concello de Burela agradecemos unha vez máis a implicación do tecido asociativo na nosa vila, xa que traballando conxuntamente podemos contribuír ao dinamismo da mesma”, apuntou a rexedora.
Ao longo dos 3 días de celebración haberá diferentes espectáculos musicais, xogos, un concurso de disfraces e moitas actividades máis. Comezarase o venres, día 26, coa misa na Igrexa da Vila do Medio ás 20:00, seguida da Chicharrada ás 21:00.
As festas contarán coa actuacións do grupo Alaska o venres, cunha verbena co grupo Superstar o sábado e cunha longa sesión vermú co dúo Son de Festa o domingo, ademais de varias sesións de DJs.
Marcos Vázquez explicou tamén que “ao longo dos días de hoxe e mañá serán confirmadas as parcelas reservadas. Hoxe, martes 23 de xullo, en horario de 18:30 a 20:00 as reservas deberán ser confirmadas presencialmente en Monte Castelo”.
Engadiu tamén que “o mércores no mesmo horario poderanse reservar as prazas que quedaran libres. A partir do xoves, día 25 de xullo, poderase comezar a montar os postos”.
“Pregamos a todos os romeiros que teñan un comportamento cívico e responsable e que en todo caso respecten o medio rural, como veñen facendo todos os anos”, concluíu.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



