Ribadeo, 31 de xullo de 2024. Todo está listo para a celebración da Xira de Santa Cruz o vindeiro domingo, 4 de agosto. Esta festa de interese turístico de Galicia foi presentada esta mañá a carón do monumento ao Gaiteiro. O Concello porá en marcha, por segundo ano, o Xirabús para facilitar a subida de xeito seguro e sostible.
A presidenta da asociación Amigos da Gaita Galega, Noelia García, declarou: “xa chega a Xira e dende a directiva de Amigos da Gaita animámosvos a todos a subir e pasar unha boa xornada con nós: comendo, bailando e disfrutando”.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, tivo palabras de agradecemento para Amigos da Gaita: “agradecerlle á asociación Amigos da Gaita, á que ademais téñolle un cariño especial posto que pertencín á directiva durante moitos anos. Así que un ano máis chega a Xira e hai que animar a esta xentiña nova que se decidiu a coller esta asociación tan bonitiña a que continúe con ese labor tan importante para a tradición, para a gaita, para o baile e para esta Xira de Ribadeo, esta festividade no monumento ao gaiteiro”.
Saiz animou á participación neste evento: “animar a todos os ribadenses e visitantes a que suban porque seguramente vai ser un día perfecto para pasar en familia e con amigos”.
O alcalde, Dani Vega, dixo: “quero agradecerlle a Amigos da Gaita, a coordinación que tivo co Concello, cos técnicos, de Cultura, de Turismo… Non nos esquezamos que esta é unha festa de interese turístico autonómico, en Ribaleo que temos dúas, debemos conservalas, debemos coidalas e mimalas, e dende logo é o que estamos facendo. Amigos da Gaita leva facendo isto moitos anos e lévao facendo moi ben, por iso desde o Concello, xa hai anos, viñamos repetindo e insistindo que débese coidar tamén o entorno”.
E lembrou: “por iso, ese bando que sacamos fai pouco tempo, acreditamos perfectamente que o Concello quere coidar e preservar o monte de Santa Cruz. Por iso, o vemos ta bonito e o vemos tan arranxado, xa que levamos tempo facendo ese desmeste de árbores, conservando o entorno, arranxando as mesas, as churrasqueiras. Quédanos máis traballo por facer, pero nestes momentos, nesta segunda acción que fixemos, quixemos actuar aquí en Santa Cruz, en colaboración tamén coa Comunidade de Montes”.
Vega sinalou que “Amigos da Gaita, eu creo que é un exemplo en Galicia, por ter unha festa onde honramos ao Gaiteiro, estamos agora mesmo aquí, ao pé do Gaiteiro, feito por Faílde, un ourensán… honran ao Gaiteiro e á Gaita. Conservar, coidar a tradición, a música tradicional é algo importantísima. E despois animar a todas as familias, animar a todos os rapaces e rapazas de Ribadeo a que acudan ao monte de Santa Cruz, que o coiden, pero tamén que coiden a tradición. Polo tanto, creo que entre todos estase facendo un traballo moi importante, e seguir loitando por esa festa da Xira de Santa Cruz, que é conservar o que é noso”.
O Concello de Ribadeo porá en marcha o servizo de Xirabús para acudir a Santa Cruz o vindeiro domingo de maneira segura e sostible. O Xirabús, de balde, partirá da estación de autobuses de Ribadeo de maneira ininterrompida desde as 12 da mañá ás 15:00 horas. E para a volta sairá de Santa Cruza desde as 23:00 horas ás 02:00 da madrugada.
A Xira de Santa Cruz dará comezo o sábado, 3 de agosto, co pregón no Cine Teatro a cargo da Familia Mon ás 20:00 horas e a continuación actuarán as Escolas de Amigos da Gaita.
Xa o domingo, día 4, ás 12 horas pasarrúas con AC Ponte da Pedra, O Arco da Vella e CC A Ponte Vella. Á mesma hora actuación das Escolas de Amigos da Gaita no Cantón dos Moreno e despois subida a Santa Cruz: xantar, música, baile… Ás 19 horas terá lugar a ofrenda floral no monumento ao Gaiteiro. E ás 19:30 horas concertos de: Fransy González, Davide Salvado e Cibrán Seixo, Xurxo Fernándes e Pan Sen Fron.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



