O conselleiro do Mar visitou a dársena na que se están a asignar os atraques que dan cobertura ao total das necesidades tanto da frota profesional como náutico recreativa
Viveiro, 3 de setembro de 2024. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia ven de rematar as obras de ampliación de prazas de amarre para embarcacións profesionais e recreativas no porto de Celeiro, no municipio lucense de Viveiro. Así o comunicou o titular do departamento autonómico, Alfonso Villares, que visitou esta mañá as obras nas que a Xunta de Galicia investiu 650.000 euros.
Villares, que estivo acompañado durante a súa visita polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e pola directora territorial de Mar, Mariña Gueimunde, en comprobou a finalización das obras que consistiron na dotación de 70 novas prazas de atracada. Para elo foi necesaria a instalación de pantaláns flotantes e a recolocación dun dos pantaláns deportivos existentes. Con esta actuación dáse cobertura ás necesidades de toda a frota profesional (3ª lista) e de recreo (7ª lista). Para a 3ª lista habilitáronse 18 novas prazas de esloras entre 8 e 14 metros e para a náutica, 52 prazas de 6 metros.
Concretamente, os traballos incluíron o deseño dun novo pantalán para a frota profesional, situado na marxe sur da dársena, xunto aos peiraos de descarga de embarcacións da terceira lista. Polo que respecta aos atraques para embarcacións de recreo, sitúanse na marxe este da dársena e os dous pantaláns deportivos contan con accesos independentes. Finalmente, para dar cabida á frota profesional foi preciso recolocar un dos pantaláns deportivos actuais de forma que garante a maniobrabilidade das embarcacións.
O conselleiro do Mar informou que a día de hoxe estase procedendo a asignación das prazas de amarre en coordinación cos propios usuarios dos pantaláns, polo que as obras entrarán en servizo nos vindeiros días.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



