Isabel Rodríguez informou de que poderán optar os municipios con menos de 50.000 habitantes, condición que cumpren 66 dos 67 concellos lucenses
Lugo, 5 de setembro de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou esta mañá dunha nova convocatoria impulsada por primeira vez desde o Ministerio de Cultura para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva co fin de modernizar e facer máis sostibles as bibliotecas públicas municipais. Con este anuncio animou aos concellos da provincia a solicitar as subvencións dirixidas a localidades cunha poboación igual ou inferior a 50.000 habitantes, condición que cumpren 66 dos 67 concellos lucenses.
O período para presentar solicitudes está aberto desde hoxe ata o vindeiro 25 de setembro, logo da súa publicación no BOE, e existen tres modalidades de axudas que se poderán destinar á compra e instalación de equipamento tecnolóxico, mobiliario e equipamento físico, ou ben para a instalación de sistemas de climatización e mellora da eficiencia enerxética.
Entre as propostas dos concellos que conten cunha biblioteca ou centro de lectura de titularidade municipal, porase especial énfase nas propostas que incorporen elementos que faciliten o acceso e a comodidade de persoas maiores, con discapacidade ou con mobilidade reducida, segundo explican desde o Ministerio.
A subdelegada destacou “o traballo constante deste Goberno para a mellora de espazos públicos que posibiliten o acceso universal á lectura, facilitando unha democratización da cultura e do saber e dotando de servizos públicos mellorados a todos os territorios”.
Obxectivos da convocatoria
O obxectivo xeral desta nova liña de axudas do Ministerio de Cultura é reforzar o acceso á lectura e a participación da cidadanía na cultura no ámbito rural. Así, enmárcase nos obxectivos fixados polo Pleno do Consello de Cooperación Bibliotecaria para o Plan Estratéxico 2024-2028, enfocado na sustentabilidade, a accesibilidade, a innovación tecnolóxica e a profesionalización do sector bibliotecario. Precisamente, a primeira liña estratéxica deste cuarto plan é promover a sostibilidade e a accesibilidade universal nas bibliotecas e incrementar o acceso a bibliotecas e servizos bibliotecarios.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



