NOTA DE PRENSA
Emilio Lousas satisfeito coas previsións contidas nas contas elaborados polo Executivo que preside Alberto Núñez Feijoo
O ALCALDE VALOROU MOI POSITIVAMENTE OS INVESTIMENTOS COMPROMETIDOS NOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA O SEU CONCELLO
* A Consellería de Traballo e Benestar fará realidade na vindeira anualidade a nova escola infantil do concello e investirá na vivenda comunitaria.
* Tamén existe consiganción orzamentaria para solo industrial, e se prevé investir nos espazos da Rede Natura, nos camiños principais da concentración parcelaría Val de Alfoz e no polígono empresarial.
Alfoz, 24 de outubro de 2010.- O Alcalde de Alfoz, Emilio Lousas, valorou moi positivamente os investimentos comprometidos para o seu concello nos orzamentos da Xunta para 2011 . O rexedor significou que as contas elaboradas polo Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo permitirán facer realidade dous dos proxectos máis esperados no ámbito dos servizos de benestar: a escola infantil e a vivenda comunitaria. Emilio Lousas lembrou as xestións desenvolvidas nos pasados meses ante a Secretaría Xeral de Familia e Benestar e agradeceu a súa receptividade “ xa que hoxe se materializa en compromisos de financiamento concretos polos que non podemos máis que felicitarnos”.
O rexedor municipal lembrou que as contas autonómicas para o ano próximo achegarán 210.000 euros para a gardería local, un servizo de grande importancia sobre todo no eido la atención aos máis novos e da conciliación da vida laboral e familiar. Ademais a Xunta investirá 146.000 euros na vivenda comunitaria sita no concello.
Outras actuacións comprometidas pola Xunta no municipio e que verán a luz ao longo da próxima anualidade son as achegas para a reparación da rede de camiños principais da concentración parcelaria Val del Alfoz, os 17.575,20 destinados para a Rede Natura e os 11.232,08 euros para o fomento do solo industrial. Xestur Lugo, empresa pública promotora do polígono industrial reserva ademais un total de 3,9 millóns de euros para a etapa A do Polígono Industrial Alfoz-Valadouro.




















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



