Os populares afean que non asista a un pleno, pero que use medios do Concello para limpar na súa totalidade unha finca propiedade da súa familia cando “para a Feira do Poldro só se emprega unha parte, non toda”
Muras, 18 de setembro de 2024. “O alcalde de Muras non asiste ao pleno ordinario, pero si xestiona a limpeza da totalidade da finca propiedade da súa familia que, nunha parte, acolle a celebración da Feira do Poldro”, segundo explica a portavoz popular, Eugenia Requeijo. “Isto demostra claramente o pouco que lle interesa o noso Concello”, segundo subliña.
A popular explica que “a pesar de cobrar polo seu labor como alcalde e de que sabe de antemán cando se celebran os plenos, non lle importou faltar á última sesión”. Ademais, incide en que “como todos é sabido, a finca na que se celebra a Feira do Poldro no Alto da Gañidoira é propiedade da familia do alcalde. Entendemos que se teña que acondicionar para a celebración da feira, pero hai que recordar que só se emprega unha parte da finca e a limpeza con medios do Concello realizouse na súa totalidade”.
“O que lle importa ao alcalde nacionalista é cobrar, non xestionar debidamente o noso Concello”, enfatiza.
CONCURSO DE GANDO
Os populares tamén cren que “o goberno local debeu ser máis áxil”. Ante a cancelación da participación do gando vacún na XXXVI Feira do Poldro e do gando do monte como medida preventiva ante a incidencia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) e da lingua azul e antes de rematar o prazo de inscricións, debería ter tomado medidas para reorganizar os premios para fomentar a participación de máis gandeiros con exemplares de equinos”.





















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



