Nota de prensa
FOMENTO DA LECTURA AO ESTILO “MODELO BURELA”
A biblioteca do Instituto Perdouro foi o escenario dunha actividade moi especial de fomento da lectura. Nela realizouse a primeira presentación de Soños chuchados en apreixos furtados, á súa vez a primeira publicación do profesor Luís Ramilo, docente da área de Imaxe Persoal neste centro educativo de Burela.
No acto, o autor estivo acompañado na mesa pola vicedirectora, Karina Parga, e polo profesor de Lingua e Literatura Bernardo Penabade. A presentadora do acto indicou que tiñan escollido esta data para commemorar o Día das Bibliotecas Escolares e a seguir aproveitou a ocasión para presentar o programa de actividades a realizar nesta primeira parte do curso así como tamén as melloras infraestruturais realizadas no propio Salón de Lectura onde se celebrou esta presentación literaria.
Pola súa parte, Bernardo Penabade indicou que a obra é unha síntese de artes plásticas e literarias, moi ao estilo das publicacións vangardistas que veñen aparecendo desde hai agora un século por todo o continente europeo: “os collages, as pinturas así como as fotografías de pequenas esculturas están acompañadas de relatos ou poemas que contan coa particularidade de estaren escritos con entre 10 e 100 palabras, sempre en números redondos (10, 25, 50, 100). En todas as composicións están presentes unhas mensaxes moi nobres: a defensa da paz, o rexeitamento da violencia, o estímulo da forza vital, o fomento do equilibrio entre os xéneros e, incluso, a rebeldía contra os anti-valores”.
O autor, Luís Ramilo, comentou que a xénese da obra procede dunha súa experiencia docente nun centro de integración de menores da cidade de Vigo. Á vista das especiais circunstancias en que debería desenvolver o seu traballo, resolveu realizar unha práctica docente moi vinculada coas manualidades e as artes plásticas, que máis tarde completou con pequeniñas “cousas” literarias. A seguir, explicou os motivos que o animaron a decantarse pola autoedición apoiándose nunha empresa de comunicación dixital.
Quen tamén fixo uso da palabra a coordinadora do Proxecto de Innovación Educativa do Instituto Perdouro, a profesora María José Andión, quen tivo palabras de eloxio para Ramilo Machado polo seu apoio para a implantación do Modelo Burela de convivencia lingüística. De todos os xeitos, as intervencións máis aplaudidas de toda a velada literaria foron as das alumnas do ciclo de Imaxe Persoal Tamara Cuba e Silvia Cotarelo que, en clave de humor, deron a súa visión da obra, felicitaron o autor e simultaneamente aproveitaron o acto para reivindicar a implantación na Mariña do ciclo de estética.
Juan Sama cerrou este acto literario con parabéns para o autor e agradecemento para a participación do público, onde destacaba unha nutrida representación do profesorado e de alumnado dos ciclos formativos. O director do Instituto Perdouro mostrou o desexo do centro de que a biblioteca acolla no futuro actividades con características semellantes.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



