Palabra e Memoria nas parroquias de Ortigueira, un traballo de campo de Jerónimo Martínez Ortigueira, 27 de setembro, 2024. O Centro Cultural “A Devesana” acollerá a exposición fotográfica “... Ler máis
Burela, 19 de xuño, 2024. O próximo xoves, día 20, ás 5 da tarde, celebrarase un encontro dedicado aos diferentes estudos académicos sobre a intervención educativa Modelo Burela, entre eles... Ler máis
A alcaldesa Carmela López celebrou “o éxito desta iniciativa e o gran traballo do IES Perdouro na súa organización”, e puxo en valor “a riqueza multicultural de Burela” Burela, 12 de xuño de... Ler máis
A lectura continuada de Siríaco e Mr. Charles, do caboverdiano Joaquim Arena, reunirá por volta de 150 participantes Burela, 7 de xuño, 2024. A iniciativa educativa Modelo Burela, que se man... Ler máis
Modelo Burela organiza unha lectura continuada da obra Siríaco e Mr. Charles, do autor caboverdiano Joaquim Arena Burela, 2 de xuño, 2024. A iniciativa educativa Modelo Burela, que se mantén... Ler máis
O acto de entrega realizarase o próximo día 9 na sala A Arca da Noe en Vilar de Santos (Ourense) Burela, 4 de setembro, 2023. O próximo sábado, día 9 de setembro, será entregada en Vilar de... Ler máis
Nota de prensa PRIMEIROS RESULTADOS DA APLICACIÓN DO “MODELO BURELA” NO VICEDO A profesora Aida López Vale, impulsora da aplicación do “Modelo Burela” de Planificación Lingüística no termo m... Ler máis
Nota de prensa: PRESENTACIÓN DE CONVENIO PARA A DIFUSIÓN DO MODELO BURELA NAS VERBENAS POPULARES A Biblioteca do IES Perdouro acollerá ás 11:30 horas do venres 10 de decembro o acto de prese... Ler máis
Nota de prensa FOMENTO DA LECTURA AO ESTILO “MODELO BURELA” A biblioteca do Instituto Perdouro foi o escenario dunha actividade moi especial de fomento da lectura. Nela realizouse a primeira... Ler máis
BURELA (FNC) .- O vindeiro 30 de xuño ás 20 horas en Soutomaior o Concello recibirá o premio que lle outorgou a Fundación Lois Peña Novo pola súa difusión do galego a través do denominado Mo... Ler máis
BURELA .- Un centenar de músicos, integrados en diversas formacións, participaron na misa multicultural que tivo lugar na igrexa parroquial de Burela o día 19 de marzo. A celebración, enmarc... Ler máis
BURELA .- O capitán Luís Álvarez Vázquez e o sarxento José Antonio López Fernández, en representación do destacamento da Garda Civil de Burela, recibiron de mans do alcalde, Alfredo Llano, u... Ler máis



















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



