Vilalba, 24 de setembro de 2024. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, pídelle a Judit Fontela, directora xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, que realice “con urxencia” a visita prevista á estación de autobuses para atopar unha solución.
Nunha carta enviada onte pola alcaldesa, Rouco lémbralle que “no encontro que mantivemos o pasado mes de xullo, obtiven de vostede o compromiso de que se desprazaría a Vilalba a comezos de setembro para avaliar o estado da estación de autobuses e, xunto aos técnicos da consellería, estudar as posibles solucións para a infraestrutura”.
“Vilalba necesita desbloquear con urxencia unha situación que non merecen os nosos veciños e veciñas, cunha estación de autobuses en estado de abandono”, engade a alcaldesa.
En palabras de Marta Rouco, “falamos dun asunto de gran trascendencia para o noso concello e dun servizo, o do transporte público, que merece prioridade, polo que é moi urxente atopar unha solución, agardando que a visita da directora xeral de Mobilidade a Vilalba poida realizarse o antes posible”.
“En novembro do ano pasado, a Xunta plantexou unha alternativa inviable e o tema está paralizado desde entón”, remata a alcaldesa, que demanda unha renovación integral da estación e, mentres tanto, “os usuarios necesitan contar cuns servizos mínimos, como un lugar onde esperar en condicións e non agardar á intemperie, e tamén uns baños que poidan utilizar”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



