Os nacionalistas proponen a renuncia á celebración do contrato e unha nova licitacion na que se garanta o acceso aos servizos residenciais de usuari@s actuais e futuros
Foz, mércores 25 de setembro. O BNG vén de presentar unha iniciativa en forma de emenda para o vindeiro pleno municipal do xoves co obxecto de dar solución aos problemas que a proposta de adxudicación da concesión do servizo de residencia e centro de día está xerando entre usuarias e usuarios.
O BNG defende o interés público
O grupo municipal do BNG sigue a defender os obxectivos iniciais que o Concello pretendía conseguir coa contratación da concesión do servizo, que non eran outros que “proporcionar aos cidadáns un recurso baseado na prestación de servizos adaptados ao colectivo de persoas maiores, coa finalidade de lograr a autonomía, o desenvolvemento persoal, e a integración no medio social dos mesmos, favorecendo a permanencia destes no seu municipio de residencia” tal como establece o Prego de Cláusulas Administrativas e Particulares, e así mesmo tal como se recolle na Memoria Xustificativa “promover tamén o retorno dos que marcharon a outros concellos”.
Pero visto o expediente de contratación que a alcaldía leva a pleno este xoves, queda claro a todas luces que se se aproba así ese contrato, eso vai provocar que a residencia e o centro de día resulten inaccesibles para a inmensa maioría das veciñas e veciños de Foz e tampouco vai contribuir ao retorno dos veciños e veciñas de Foz que na actualidade son usuarios de servizos semellantes nos concellos límítrofes, donde tenen tarifas máis baixas.
“A nós móvenos unica e exclusivamente o interés público en toda a nosa actividade política, e especialmente neste caso de suma sensibilidade, donde hai persoas con pensións pequenas que non van poder afrontar esta suba tan grande” afirmou o protavoz nacionalista Francisco X. Fanego que recordou tamén que todas as tarifas propostas no novo contrato para os servizos residenciais superan en máis dun 50% o importe medio da pensión no concello de Foz e representan unha suba media, respeccto das tarifas actualmente en vigor do 68%.
Renuncia a este contrato lesivo para os nosos maiores
En coherencia con todo o que o BNG defendeu neste proceso e con todo o que o BNG defende en materia de servizos sociais e atencións aos maiores, o grupo municipal emenda a proposta de adxudicación que se somete a aprobación do pleno e propón a renuncia ao contrato de concesión do servizo de Residencia e Centro de Día do Concello de Foz, fundamentando esta proposta na razón de interese público que xustifica a renuncia á súa celebración e o elevadísimo importe das tarifas, moi superiores á pensión media dos xubilados e xubiladas de Foz que lles impiden na práctica o acceso a estes servizos.
Condicións que fagan posible o acceso de veciñas e veciños de Foz á residencia: rebaixa nas tarifas, Ordenanza de Prestacións Públicas, ou programa de axudas ás persoas usuarias
Na emenda presentada hoxe no concello, o BNG expón as condicións que deben contemplarse na nova licitación proposta, e que son: unha rebaixa substancial das tarifas até situalas por debaixo da pensión media que receben os xubilados de Foz, así como a aprobación dunha Ordenanza de Prestacións Públicas de carácter non tributario reguladora dos Servizos de Residencia e Centro de día nas que se fixen unhas contías asequibles, ou a aprobación dun programa de axudas ás persoas usuarias que permitan o acceso efectivo aos servizos de residencia e centro de día do conxunto da veciñanza de Foz.
A Xunta, responsable dos numerosos problemas na atención á terceira idadade
Desde o BNG recordan unha vez máis a desastrosa política do Partido Popular en materia de residencias e atención á terceira idade e persoas dependentes, e o nulo investimento nos últimos anos en residencias públicas, e cargándolles responsabilidades aos concellos nun tema que está claro que é unha competencia impropia dos mesmos, e que acaba producindo un importante menoscabo económico nas finanzas municipais afogandoos pouco a pouco. Neste sentido, desde o BNG mencionan o caso do antigo Asilo de Foz donde as usuarias e usuarios tiveron que ser asumidos polo concello na nova residencia.
Anuncian tamén que esta situación pola que está atravesando a Residencia de Foz será levada ao Parlamento polos deputad@s do BNG.




















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



