A operación policial iniciouse tras detectar a introdución de billetes falsos en diversos establecementos de hostalería na Mariña, especialmente nos meses de verán. O infractor adquiría a través de aplicacións en liña paquetes de billetes falsos de diferente valor coa suposta finalidade de introducilos no mercado legal. Froito do intenso labor investigador logrouse deter ao presunto autor, evitando a introdución de billetes falsos no trafico xurídico, así como a consecuente perda financeira e prexuízo patrimonial para as vítimas destes delitos, quen ao recibir os billetes falsificados non poden trocalo por diñeiro lexítimo, causándolles un dano económico inmediato e perdas irrecuperables. No rexistro domiciliario atopáronse 630€ en billetes falsos. A persoa detida foi posta ao dispor xudicial.
A Garda Civil, no marco da operación “prop copy”, detivo en Barreiros a un veciño desta mesma localidade, de 28 anos de idade, como suposto autor dos delitos de estafa e de expedición de moeda falsificada

A Garda Civil, no marco da operación “prop copy”, detivo en Barreiros a un veciño desta mesma localidade, de 28 anos de idade, como suposto autor dos delitos de estafa e de expedición de moeda falsificada
Relacionado
-
Barreiros despide a Hamdi, o neno saharaui acollido este verán por unha familia
-
Barreiros será o punto de referencia da terceira etapa da Volta a Galicia, que chegará á Mariña o 13 de setembro co apoio da Vicepresidencia da Deputación
-
A alcaldesa de Barreiros felicita ao equipo de socorrismo polo seu gran labor