A Deputación pretende mellorar a calidade de vida das persoas usuarias dos centros de Castroverde, A Fonsagrada, Meira, Navia de Suarna, Pedrafita, Pol, Ribadeo, Ribas de Sil e Trabada ao tempo que fomenta a socialización e promove hábitos sostibles
Lugo, 7 de outubro de 2024. Os residentes dos Centros de Atención a Maiores (CAMs) da Deputación de Lugo participan en diferentes actividades deseñadas pola institución provincial para mellorar o seu benestar físico e mental. Un herbario de plantas autóctonas, a creación dun pequeno horto con fins terapéuticos, decoración floral ou un taller de plantas aromáticas son algunhas das iniciativas postas en marcha pola Deputación ata o mes de xuño nas 9 residencias da provincia que xestiona.
Mellorar a calidade de vida, fomentar a socialización e promover hábitos saudables e sostibles son algúns dos obxectivos da Deputación con esta iniciativa na que participan as persoas usuarias dos centros de Castroverde, A Fonsagrada, Meira, Navia de Suarna, Pedrafita, Pol, Ribadeo, Ribas de Sil e Trabada. O calendario de actividades medioambientais comezou cun herbario de plantas autóctonas e continuará este mes cun taller de decoración de nadal, que se prolongará ata decembro.
Entre o mes de xaneiro e marzo, están previstas dúas actividades: a creación dun pequeno horto terapéutico en maceta e hortoterapia. Nos meses de abril a xuño haberá un taller de decoración floral e outro de plantas aromáticas e aplicación sensorial.
A Deputación de Lugo coordina así aos seus servizos de Medio Ambiente e de Benestar para impulsar unha iniciativa con múltiples beneficios no benestar físico e mental, como a redución do estrés e da ansiedade ou a estimulación cognitiva. Ademais, estas actividades fomentan a socialización, porque se realizan en grupo e fan que as persoas que participan formen parte dun proxecto cun propósito e promoven os hábitos sostibles en cuestións como a reciclaxe, o aforro de auga ou a compostaxe.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



