Os deputados populares poñen en valor a importancia do sector agrodandeiro para a provincia de Lugo e indican que todas as administracións deben aportar o seu gran de area polo que ademais destas axudas á Deputación tamén se pedirá á Xunta de Galicia o incremento da partida destinada ao fomento da contratación de seguros para facer fronte a estas situacións, así como ao Goberno central “cooperación cun sector clave na provincia”
Lugo, 19 de outubro de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no vindeiro pleno que a Deputación de Lugo habilite unha partida orzamentaria para axudar a todos os profesionais do sector agrogandeiro que se viron afectados polas inclemencias meteorolóxicas e sufriron as súas consecuencias.
O voceiro provincial, Antonio Ameijde, explica que “se de verdade defenden a este sector, tanto PSOE como BNG apoiarán esta iniciativa” así como “convocarán estas axudas e as resolverán á maior brevidade posible para cubrir os danos provocados polo temporal en explotacións gandeiras da provincia”.
Ameijide tamén explica que “este apoio debe brindarse dende todas as institucións polo que tamén pedimos que a Xunta de Galicia incremente a partida orzamentaria para 2025 que a Consellería do Medio Rural dirixe a fomentar a contratación de seguros agrarios para facer fronte a este tipo de situacións”.
Ademais, o Goberno do Estado tamén debe colaborar neste eido para paliar as consecuencias das inclemencias meteorolóxicas xa que “aínda que sone reiterativo, falamos dun sector clave para a economía da provincia de Lugo e emprega a miles de lucenses e que favorece o asentamento poboación”, sen esquecer que tamén pon en valor os recursos naturais do territorio e garante a conservación da paisaxe e do medio ambiente.
“Por iso consideramos fundamental estar ao carón deste sector sobre todo neste momento tan complicado tralas últimas inclemencias meteorolóxicas xa que as consecuencias das mesmas inflúen no día a día dunha explotación gandeira e poden chegar a condicionar a súa viabilidade”, afirmou.
Os fenómenos meteorolóxicos que vivimos nos últimos meses provocaron importantes danos en cultivos da provincia afectando ao 52% da recollida de millo forraxeiro xa que ademais dos danos nas propias plantas, o temporal provocou inundacións nas parcelas – principalmente na zona da Terra Chá – que dificultan o acceso de maquinaria agrícola para a recollida do millo, un labor aínda sen realizar porque as condicións meteorolóxicas atrasaron a súa sementeira e dificultaron o seu crecemento.
Antonio Ameijide destaca que á vista da importancia de que o sector primario é un motor importante para a provincia e que a Deputación de Lugo vén de recibir máis de 21M€ (21.756.212,86€) procedentes da Liquidación definitiva da participación das entidades locais nos tributos do Estado do ano 2022, “o goberno provincial ten a oportunidade de demostrar con feitos o seu apoio ao sector do que forman parte boa parte dos e das lucenses”.



















Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.



