O alcalde, Valentín Calvín, reuniuse co director de Augas de Galicia, Roi Fernández Añón, que se comprometeu a estudar a xestión da depuradora de Espasante
Ortigueira, 21 de outubro de 2024. A pasada semana, o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, mantivo unha reunión co director de Augas de Galicia, Roi Fernández Añón, co obxectivo de avaliar os traballos de explotación, mantemento e conservación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ortigueira. Esta instalación, cuxa xestión está delegada na entidade autonómica no marco da Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, é clave para o saneamento do municipio.
Durante o encontro, Fernández Añón avanzou o estado do proceso de licitación do novo contrato de servizo para a explotación, mantemento e conservación da EDAR de Ortigueira, o cal xa conta cunha proposta de adxudicación.
Pola súa banda, Calvín expresou o seu interese en que a entidade autonómica tamén asuma a xestión da depuradora que dá servizo ao núcleo de Espasante. O obxectivo é crear sinerxias e mellorar a eficiencia na explotación conxunta das dúas depuradoras. Desde Augas de Galicia comprometéronse a realizar os traballos técnicos previos necesarios para coñecer en detalle o funcionamento da instalación en Espasante e estudar a viabilidade de asumir a súa xestión.
Esta reunión reafirma o compromiso do Concello de Ortigueira en mellorar a xestión do ciclo da auga, en liña coas oportunidades ofrecidas pola nova Lei de mellora do ciclo integral da auga, que permite que a Xunta de Galicia asuma parte da xestión municipal da auga, apostando por unha xestión máis profesional e especializada.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



