Foz, 26 de outubro de 2024. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro Ángel Fernández reuníronse este venres con Alberto Burundarena, presidente da asociación A Ribeira, e outros membros do colectivo. Acordaron traballar man a man polas infraestruturas portuarias do concello.
Fran Cajoto destaca que “a asociación A Ribeira leva facendo un traballo inxente desde o ano 2015: reivindicando melloras nas infraestruturas portuarias de Foz, pero tamén impulsando dunha maneira definitiva a relevancia da pesca deportiva, como organizadora das quedadas de pesca e das xornadas de pesca con señuelo que se veñen celebrando na nosa vila desde hai máis de cinco anos. Desde que entramos no goberno vimos reclamando a Portos de Galicia a mellora das instalacións portuarias. Falamos do acondicionamento da explanada portuaria, da mellora das condicións e aumento de amarres en Porto Chico e da recuperación do calado cunhas dragaxes que son moi urxentes”.
O alcalde explica que “a asociación A Ribeira preguntounos polas xestións feitas desde o Concello para axilizar a aprobación ambiental polo Ministerio de Transición Ecolóxica do estudo de impacto do proxecto de dragaxe plurianual, de 1,13 millóns de euros, que ten publicado Portos de Galicia. Agardamos que haxa boas novas en próximas datas e así llo trasladamos, despois das conversas que puidemos manter co Servizo Provincial de Costas e do apoio do Delegado do Goberno, co que nos reunimos recentemente. A Ribeira demandounos de novo axuda con este trámite e tamén unha carta de apoio ao proxecto de dragaxe. Comprometémonos con eles e mandaremos un escrito a Portos de Galicia, para que canto antes liciten a obra, unha vez superados os trámites ambientais. Preocúpanos que se retrase porque non aparece partida específica no Proxecto de Lei dos Orzamentos para o 2025 aprobado pola Xunta o pasado 17 de outubro”.
Máis retraso leva o proxecto de ampliación de Porto Chico, unha iniciativa da Asociación A Ribeira pola que leva loitando moitos anos e que o equipo de goberno apoiou antes incluso de chegar á Alcaldía. “Somos coñecedores de que se está a traballar nun anteproxecto. Este ano 2024 incluíase unha partida nos orzamentos da Xunta de unicamente 25.000 euros, que se repite nos orzamentos do 2025. Solicitamos unha reunión á presidencia de Portos de Galicia para coñecer o avance do documento xa en marzo do 2023 e aínda non fomos convocados. Imos solicitala de novo, para aportar de forma construtiva na fase de redacción, traballar de forma conxunta e evitar erros que dean lugar a reclamacións ou alegacións. Xa é hora de que o Porto Chico sexa útil para as embarcacións, se resolvan os problemas de oleaxe e correntes dentro do porto e se melloren os amarres en calidade e cantidade. Coas condicións que ten Foz dispoñer duns portos en condicións vaille a dar un impulso definitivo á náutica na nosa vila”, remata Fran Cajoto.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



