O Presidente vén de asinar co Alcalde ourolés un convenio de colaboración no que se inclúe a apertura dun novo vial nunha parcela rústica e o acondicionamento de beirarrúas nesta zona
Lugo, 14 de novembro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou xunto ao Alcalde do Concello de Ourol, José Luís Pajón Camba, un convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial destinará unha achega económica de case 180.000€ para desenvolver actuacións de acondicionamento e mellora no entorno no que se atopa a Casa Consistorial do municipio.
Tomé Roca recalcou que este acordo “é unha mostra do compromiso que mantemos desde a institución provincial coa asistencia e a cooperación cos concellos da provincia ofrecéndolles recursos económicos para que poidan reforzar a mobilidade dos veciños e veciñas e facilitarlles o acceso a diversos recursos e prestacións”. En concreto, o mandatario provincial avanzou que “nesta zona do municipio atópanse a maioría das dotacións e os servizos municipais, como o edificio multiusos, o punto limpo, a piscina ou a área de caravanas”.
Con este proxecto, que financia a Deputación de Lugo na súa totalidade e que achegará en dúas anualidades, darase solución a actual situación desta zona que conta cun acceso moi estreito e de escasa visibilidade. Neste acordo inclúese a apertura dun novo vial nunha finca rústica, que mellorará a seguridade e a comodidade da veciñanza, e o acondicionamento das beirarrúas a ambos lados. Os traballos completaranse coa humanización da contorna, onde se prevé a colocación de bancos, árbores e a instalación de luminarias. Ademais, estas obras servirán para executar un novo cadro para o alumeado da zona.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



