Completan o cartel o grupo de rock AWY, que pasou por Factor X e a formación de Castela e León, Perro Futuro
Cervo, 26 de novembro de 2024. A asociación cultural Amigos da Troula organiza, en colaboración co Concello de Cervo, a sexta edición do Callo Fest, o venres 27 de decembro. Trátase dun festival máis que consolidado no panorama musical da Mariña nunhas datas tan sinaladas como o Nadal, que serve, tamén, como un ensaio das badaladas de fin de ano.
O principal cabeza de cartel desta edición será o grupo Me Fritos And The Gimme Cheetos, un grupo que nace no ano 2016 para facer versións das mellores cancións a ritmo de punk-rock melódico, con moitas ganas de facer festa.
Outro dos principais alicientes desta cita será o grupo portugués Foo Riders, tributo do mítico grupo americano de rock alternativo Foo Fighters, que interpretarán sobre o escenario temas clásicos da banda, que conta con himnos como Everlong, The Pretender ou Times Like These.
Chegado desde A Coruña, e cun recente paso polo programa Factor X, chega o grupo AWY. A banda chegou a tocar ante 50.000 persoas no Rock ‘n’ Roll Running Series de Madrid, no Wizink Center.
Por último, o Callo Fest acollerá un dos primeiros concertos da banda Perro Futuro, que conta nas súas filas con Suso Valcárcel, ex batería da banda Supernatural, que pasou polo Callo Fest no ano 2018.
Para o remate, como todos os anos, haberá unha disco móbil, que amenizará o ambiente coa mellor música de rock de todos os tempos e callos de balde para todas as persoas asistentes.
Desde a asociación Amigos da Troula sinalan que “o cartel do Callo Fest vai medrando ano a ano, o que nos produce unha gran satisfacción e consideramos que, cada vez máis, realizamos unha proposta coa que o público de Cervo e arredores está máis que contenta”.
Pola súa banda, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, considera que “o Callo Fest é unha das citas musicais do ano en Cervo, que ademais nos serve para complementar a programación cultural, e que reflicte os gustos nesta materia dunha gran parte da veciñanza”.
A rexedora quixo incidir na importancia de “apostar pola cultura a través deste tipo de eventos, que traen ao noso municipio artistas importantes e que amplían a axenda de ocio durante os 365 días do ano”.
Por último, García Caramés anima a “achegarse ao Callo Fest o vindeiro 27 de decembro xa que, ademais do apartado musical, espérannos moitas outras sorpresas para todas as persoas asistentes”.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.


