Os socialistas de Mondoñedo emprazaron ao PP a marcar prioridades. “Si hai axudas para pagar o servizo de autobús á piscina de Foz, tamén teñen que existir axudas destinadas aos estudantes do noso concello, co fin de que poidan desprazarse a estudar a outros centros educativos da Mariña”
Mondoñedo, 2 de decembro de 2024. Os Socialistas de Mondoñedo rexeitaron no pasado pleno, celebrado en novembro, o “pobre orzamento do PP”, xa que non responde ás demandas da veciñanza. Hai que lembrar que no apartado de investimentos e inversións só aparecen consignados 32.064 euros do Concello, “unha cifra paupérrima, que non serve para dar resposta a ningún reto relevante na nosa cidade”. A votación do orzamento foi aprobado co voto de calidade do Alcalde, xa que houbo un empate na votación con 5 votos, ao non asistir un concelleiro do PP á sesión plenaria, que non se celebraban dende fai 4 meses.
Segundo se desprende do orzamento do 2025 o montante total ascende a un total de 3.903.185 euros, e só reflicte un aumento con respecto ao último ano, de 88.567 euros. Os gastos de persoal supoñen un investimento de 1,769.584 euros das arcas públicas municipais.
Dende o PSdeG de Mondoñedo tamén advirten do gasto en publicidade e propaganda por parte do PP. “Este anualidade a partida supón un montante total de 50.600 euros, que segue sendo avultada, pero temos que recoñecer que descendeu, xa que en anualidades anteriores chegou a supoñer preto de 100.000 euros ao ano, un auténtico despropósito. Cando pola contra a partida correspondente ao fomento de emprego é de 50.891 euros, estas son as prioridades nas contas”, remarcan os socialistas.
Outras das demandas do PSdeG ao Goberno do PP está relacionada co “despilfarro económico dos chiringuitos que promove”, como por exemplo o ximnasio. “Actualmente supoñen un gasto mensual de máis 1.000 euros ao mes aos veciños de Mondoñedo, nun local que non reúne as mínimas normas de accesibilidade, e que non conta nin con duchas nin baños adaptados”, advirten.
Na sesión plenaria, o Grupo Socialista tamén pediu explicacións ao PP pola deficiente xestión económica. “O Concello non pode permitirse o luxo de seguir devolvendo subvencións, este ano xa renunciou unha axuda de Agader de 60.000 euros, e ten que devolver outra subvención de Atención Temperá de 2021 de 14.000 euros. Hai que traballar e estar encima dos proxectos”, din.
Nesa liña, tamén aludiron á xustificación doutras inversións no Concello. “Tamén nos chama profundamente a atención que a Xunta (a través do IGVS) sufrague gastos para o centro de rexeneración urbana, que son arredor de 14.477 euros en cada xustificación, pero que non se contrata a ninguén para o servizo de urbanismo. Xa que estes gastos do IGVS xustifícanse coas nóminas da arquitecta, traballadora social e unha administrativa, e non se reforza a plantilla municipal, cando realmente si existe orzamento para facelo”, subliñan dende o PSdeG.
Os socialistas de Mondoñedo emprazaron ao PP a marcar prioridades. “Si hai axudas para pagar o servizo de autobús á piscina de Foz, tamén teñen que existir axudas destinadas aos estudantes do noso concello, co fin de que poidan desprazarse a estudar a outros centros educativos da Mariña”, reclaman.
Subida da auga e do IBI
Nesta mesma sesión plenaria tamén se aprobou, a actualización das tarifas da auga en base á revisión dos prezos conforme ao IPC (10,8%), así como a modificación do IBI, no tocante aos bens inmobles urbanos que queda fixado no 0,60 por cento (e estaba no 0,50). Dende o PSdeG abstivémonos en ámbalas dúas votacións, “por unha banda entendemos que o Concello precisa de máis recursos económicos para poder dar resposta ás demandas da veciñanza. Pero a nosa pregunta que nos facemos é: “subir os impostos para que qué e para quen?, en que se van gastar eses novos recursos económicos?”, insisten os socialistas. Hai que lembrar que actualmente hai ordenanzas municipais sen actualizar dende fai máis de 20 anos, como por exemplo a do cemiterio municipal.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



