Mondoñedo, 14 de decembro de 2024. O Concello de Mondoñedo vén de fallar os XIII Premios de Poesía Leiras Pulpeiro e os XXV Premios de poesía para novos creadores “Díaz Jázome”, gracias ao labor dun xurado que estivo composto polo crítico literario e coordinador de actividades e publicacións da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, Armando Requeixo, e os profesores, a mindoniense Aurita Ramil e o vilalbés Chema Felpeto.
Así, o xurado premiou a Quico Valeiras, de O Carballiño, polo seu poemario “Fóra do propio”, a Yolanda López, de Ourense, por “Cuadrilátero” e a Xoán Francisco Pérez Argibay, de Compostela, por “Os ollos da Demencia”, entre o medio centenar de obras presentadas aos XIII Leiras Pulpeiro.
En canto ao certame de poesía para novos creadores “Díaz Jácome” que alcanza a súa vixésimo quinta edición, resultaron gañadores Daniel Chapela, de Bueu, con “Traxedia en tres actos”, Paula Currás, de Cambre, coa composición “Diseccionar a tinta” e Saray Rodríguez, de Ourense, coa obra “Homónima”.
O concelleiro de Cultura, Alberto García, parabenizou aos galardoados e emprazounos a asistir aos actos de entrega de premios previstos para finais de ano. Os Díaz Jácome serán entregados o sábado 21 de decembro, ás 12 horas no salón de plenos da Casa do Concello, coa participación da familia do autor, e os Leiras Pulpeiro, o sábado 28 de decembro, tamén ás 12 horas, no salón nobre do Consistorio.
O edil destacou tamén a boa saúde da que gozan ambos premios de poesía, que sitúan a Mondoñedo, terra de grandes literatos, nun dos principais referentes culturais de Galicia. E así o demostra a ampla e variada procedencia dos autores que se presentan a estes certames, xa consolidados no panorama creativo e artístico da lingua galega, xunto ao Premio de Novela Álvaro Cunqueiro, que tamén convoca o Concello de Mondoñedo co apoio da Xunta.
LEIRAS PULPEIRO
O xurado puxo de relevo en “Fóra do propio”, que foi o gañador do Leiras Pulpeiro deste ano, a poderosa dicción dun conxunto orquestral, reverberante e polifónico, onde o repregamento do sentido e os estratos do poema se volven fractais, véndose o verso habitado de intertextualidades da mitoloxía e a traxedia gregas, das mellores poéticas europeas, dos ecos das estéticas literarias galegas da arestora e do transfundir filosófico dos grandes pensadores planetarios das últimas décadas.
O 2º Premio acadado polo conxunto “Cuadrilátero”, o xurado destacou a súa composición en catro asaltos, ao modo dunha secuencia de puxilato poético onde os rounds se gañan en versos ousados, de metafórica superior e fulgurantes símiles en versos rotundos e cortados a cantil.
Por remate, en “Os ollos da demencia”, que se fixo co terceiro premio, o xurado salientou o sutil tratamento dunha complexa e difícil realidade social como é a das enfermidades de deterioración cognitiva, aquí visitada con esperanzada tenrura nun canto elexíaco á memoria, o recoñecemento e o amor sen límites personificado na admiración pola figura da nai.
DÍAZ JÁCOME
No que respecta aos XXV Premios Díaz Jácome, o xurado quixo enxalzou o conxunto poético “Traxedia en tres actos” que obtivo o primeiro premio, pola súa lograda orquestración, que estrutura en tres espazos líricos este mecano onde se propón un percorrido pendular que nos leva do telúrico da raíz e da memoria dos eidos rurais á tolemia da urbe acelerada, de vidas anónimas esmagadas e incomunicadas, para rematar cun poema síntese no que ambos mundos se dan a man e rematan por se complementar.
Na proposta poética “Diseccionar a tinta” que obtivo o segundo premio, o xurado destacou os achados da súa imaxinería lírica e o amplo mostrario de temas e motivos nos que se aprecia a inclinación polos elementos naturais (o mar, a terra, o vento) en intelixente implementación cos textos metapoéticos e de lectura social.
Finalmente, o orixinal titulado “Homónima” que acadou o terceiro premio, salienta, ao ver do xurado, pola súa dicción iterativa, chea de acertadas estruturas paralelísticas nas que o universo amatorio se debate entre a paixón e o desencontro percorridos por pregarias e esperanzadas loairas.

























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



