Foz, 26 de decembro de 2024. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, informa que a concelleira nacionalista Zoraida Coira é a nova responsable da xestión da Residencia e Centro de Día de Foz desde o pasado martes, día 24 de decembro. “Cedemos a delegación na Residencia e Centro de Día o pasado 16 de decembro, despois do bloqueo á adxudicación polo acordo de Partido Popular e BNG, a concelleira recibiuna o mesmo día e finalmente asumiuna. O voto negativo á proposta da mesa de contratación, ademais do desprezo ao traballo administrativo de tantos meses, trouxo unhas consecuencias económicas moi negativas para o Concello, en concepto de indemnizacións ás empresas que se presentaron ao concurso e ás facturas mensuais de máis de trinta e un mil euros, que pagamos cos fondos de todos os focegos e nos adebeda a Xunta de Galicia”, indica o rexedor municipal.
Cajoto engade: “tiñamos que superar esta parálise administrativa e agora o BNG ten a oportunidade de levar adiante a xestión que consideren, co compromiso do PSdeG-PSOE de que o único límite estará na legalidade: imos facilitar en todo momento a aprobación dos expedientes conforme ao modelo que plantexen. Hai que poñerse a traballar desde xa, a concelleira Zoraida Coira ten á súa disposición todos os expedientes e as portas dos despachos de Ana Rojo e o meu abertas para todo o que precise”.
O alcalde manifesta tamén: “a pesar das informacións contraditorias do BNG dos últimos días, estamos satisfeitos da rectificación e que a concelleira Zoraida Coira asuma as competencias que ten delegadas. O BNG incumpriu o pacto de goberno, non respectando as decisións e a independencia das áreas. En calquera caso creo que é a nosa obriga superar as disensións e pensar que Foz precisa un goberno progresista que supere os moitos retos que ten. Non lle pedimos nada ao BNG en contrapartida por esta cesión, só que a partir de agora sexa leal ao acordo, vixente para toda a lexislatura. Tampouco imos renegociar en ningún caso uns termos que están asinados e en vigor”.
Fran Cajoto explica ademais que “o PSOE de Foz tratou de forma insistente que o Consorcio asumira a Residencia de Foz -da súa propiedade e competencia- pero a Consellería de Política Social bloqueouno. O BNG cambiou de postura 180 graos durante a licitación da concesión, votando en contra no último paso, a adxudicación definitiva do contrato á empresa proposta pola mesa de contratación. Quédanos por ver se o Partido Popular vai a colaborar co BNG e o goberno na definición do modelo de xestión da residencia, que parece comparten cos nacionalistas. O que nos demostraron sempre é que adoptan unha postura ou outra segundo quen estea ao cargo en cada momento, non en función do que sexa bo para os veciños. Este é o nivel, ínfimo, ao que nos teñen acostumados”.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



