Foz, 26 de decembro de 2024. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, informa que a concelleira nacionalista Zoraida Coira é a nova responsable da xestión da Residencia e Centro de Día de Foz desde o... Ler máis
Foz, 12 de decembro de 2024. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, asinou hoxe, xoves, o decreto para a delegación da xestión da Residencia e Centro de Día en Zoraida Coira, concelleira do Bloque N... Ler máis
Foz, 1 de outubro, 2024. A Casa da Cultura volve a converterse nunha sala cinematográfica este mes de outubro coas proxeccións dos documentais, longametraxes e, por primeira vez, curtas do C... Ler máis
Foz, 5 de xullo, 2024. A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, deu a coñecer a programación das Noites que comeza o vindeiro martes na Rapadoira con volei praia. As mozas e mozos gozarán... Ler máis
Foz, 10 de maio, 2024. A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, da conta da nova edición de Aberto x Vacacións. O verán en Foz é sinónimo de diversión, e os nenos e nenas pásano en grande... Ler máis
Foz, 3 de maio, 2024. Representantes da Asociación de Familias do CEIP O Cantel organizan en colaboración coa concellería de Educación do Concello de Foz unha xornada festiva ao arredor dos... Ler máis
Foz, 16 de outubro, 2023. As dúas vindeiras semanas o cine é o protagonista. Volve o Ciclo Mestre Mateo en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación d... Ler máis
Foz, 4 de agosto de 2023. Esta mañá presentouse no Cenima de Foz a segunda edición do festival Vrao Sons Independentes, que se celebrará o día 12 deste mes, sábado, na praza Conde de Fontao... Ler máis
Foz, 3 de agosto de 2023. CD Lugo e SD Compostela disputarán este sábado, 5 de agosto, ás 18:00 horas no campo Martínez Otero a XXXIV edición do trofeo de fútbol Vila de Foz. Foi presentado... Ler máis

















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



