Foz, 3 de agosto de 2023. CD Lugo e SD Compostela disputarán este sábado, 5 de agosto, ás 18:00 horas no campo Martínez Otero a XXXIV edición do trofeo de fútbol Vila de Foz. Foi presentado hoxe, xoves, na Casa do Concello polo alcalde, Fran Cajoto; a concelleira de Xuventude, Zoraida Coira; e o presidente do CD Foz, Pepe Rivera.
Rivera destacou: “este ano temos un cartel con dous equipos históricos da nosa Galicia, o Club Deportivo Lugo e a Sociedad Deportiva Compostela, e parécenos que vai ser un derbi interesante. Queremos poñer en valor a axuda do Concello e tamén agradecemos a todos aqueles directivos e outras persoas que se acercaron ao campo para axudar nos traballos de última hora. O partido empezará ás seis da tarde, pero as taquillas xa se abrirán ese mesmo día, o sábado, de 12 a 14 horas e tamén de 16 a 18 horas; é importante para todos aqueles que non queiran facer moita cola que saiban que poderán mercar as entradas xa de doce do mediodía a dúas da tarde. Os trofeos foron feitos en Otero Regal e son moi bonitos. Esperamos que as gradas estean a rebosar”.
O alcalde agradece “o gran traballo e o enorme esforzo do Club Deportivo Foz e do seu presidente, Pepe Rivera. É a 34ª edición do trofeo Vila de Foz, o que non é fácil. Desta volta o CD Lugo e máis o Compos vannos facer disfrutar dunha tarde festiva de fútbol no campo Martínez Otero, que a bo seguro que vai estar cheo para recibir a estes equipos. Animo a Club Deportivo Foz a seguir facendo as cousas como as está facendo e animo á xente a que se achegue ao deporte, en concreto ao fútbol, que disfruten facendo aquilo que máis lles gusta a todas as nenas e nenos. E que a xente acuda ao campo porque seguro que van quedar moi pouquiñas entradas”.
E a concelleira de Xuventude anima aos rapaces novos a gozar deste partido de fútbol.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



